viernes. 13.06.2025

Novas axudas da Deputación para explotacións rurais

As achegas poderán cubrir ata o 80% do custo do proxecto e inclúen accións como a mellora de accesos, sinalización, adaptación de instalacións para persoas con discapacidade

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, acaba de poñer en marcha unha nova liña de axudas destinada a impulsar o agroturismo nas explotacións agrícolas, gandeiras e nas microempresas agroalimentarias da provincia. A convocatoria, de concorrencia competitiva, conta cun orzamento de 50.000 euros para o ano 2025 e permitirá financiar investimentos en infraestruturas e equipamentos orientados a crear experiencias turísticas ligadas ao mundo rural.

As achegas poderán cubrir ata o 80% do custo do proxecto —cun mínimo de 3.000 euros e un máximo de 5.000— e inclúen accións como a mellora de accesos, sinalización, adaptación de instalacións para persoas con discapacidade ou a creación de áreas para recibir visitantes. Valorarase especialmente que as explotacións estean situadas en concellos de menos de 2.000 habitantes e conten con distintivos de calidade turística.

A convocatoria será publicada nos vindeiros días no Boletín Oficial da Provincia e, a partir dese momento, abrirase un prazo dun mes para solicitar as axudas.

Novas axudas da Deputación para explotacións rurais