Prohibidas as queimas agrícolas e forestais de particulares en Galicia a partir do xoves
A partir deste xoves, 10 de abril, quedarán prohibidas en toda Galicia as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares. Trátase dunha medida adoptada pola Xunta tras analizar a evolución das condicións meteorolóxicas e os distintos indicadores técnicos que afectan ao risco de lume.
Isto implica que non se outorgarán novos permisos e que os xa concedidos quedarán en suspenso ata novo aviso. A prohibición non afecta ás queimas prescritas levadas a cabo polo Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, sempre que estean debidamente planificadas e dispoñan dos medios de extinción necesarios.
A Consellería do Medio Rural lembra que o Decreto 105/2006 establece a prohibición das queimas cando as condicións poidan dificultar o seu control. Por iso, pide tamén a colaboración da cidadanía para extremar as precaucións e denunciar calquera actividade incendiaria da que teña coñecemento. Ademais, recórdase que está operativo o número gratuíto 085 para comunicar calquera lume forestal