viernes. 30.05.2025

Pazolandia regresa cunha edición máis inclusiva e chea de novidades

O parque de atraccións máis grande de Galicia abrirá as súas portas do 26 de decembro, onde xa recibiu a 3000 visitantes, ao 4 de xaneiro de 2025
somoscomarca_241226_pazolandia857

O parque de atraccións máis grande de Galicia, Pazolandia, abría as súas portas do 26 de decembro ao 4 de xaneiro de 2025, con excepción do 31 de decembro e a sesión da mañá do 1 de xaneiro. Haberá dúas quendas diarias, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

Inclusión e accesibilidade, protagonistas deste ano

Entre as grandes novidades desta edición destaca o carácter inclusivo de Pazolandia. Implantaranse medidas como a restrición de emisións acústicas, para facilitar a participación de persoas con sensibilidade ao ruído.

Ademais, introducirase unha pulseira de acceso prioritario para persoas con trastornos do espectro autista (TEA), permitindo un acceso máis cómodo ás atraccións e obradoiros. Complementando estas iniciativas, habilitarase unha "zona de calma", un espazo deseñado para o descanso e relaxación das persoas con dificultades sensoriais durante os momentos de sobrecarga.

Máis de 8.000 metros de diversión e atraccións

Pazolandia ofrecerá actividades en dous pavillóns interiores e no exterior, cunha ampla variedade para todas as idades.

  • Exterior: As atraccións máis grandes estarán ao aire libre, incluíndo a gran novidade deste ano, o "Martillo Kamikaze", un péndulo de dobre eixo que realiza xiros de 360 grados. Tamén haberá postos de restauración e probas de habilidade.

  • Pavillón auxiliar: Destinado aos máis pequenos, contará con inchables, carruseis, un tren familiar, unha ludoteca con parque de bolas e o espazo do xoguete coas últimas tendencias.

  • Pavillón principal (planta baixa): Ofrecerá atraccións como tirachinas, a montaña rusa tigre e un circuíto de motos. Como novidade, incluirá unha pista de patinaxe sobre xeo.

  • Primeira planta: Espazo para obradoiros de maquillaxe, tatuaxes, globoflexia e unha zona de videoxogos con simuladores de condución.

Pazolandia regresa cunha edición máis inclusiva e chea de novidades