miércoles 8/12/21

Esta infraestructura resultou danada nas riadas do pasado mes de decembro

O Concello do Bolo continúa realizando xestións para o arranxo da Ponte de Barxa, que comunica o núcleo de poboación homónimo coa parroquia de O Seixo tamén do Bolo.

Esta infraestructura foi derribada durante as riadas do pasado 19 de decembro, provocando que os veciños da parroquia do Bolo teñan que dar un gran rodeo para poder ir ata Petín ou A Rúa.

Dende o propio consistorio destacan que xa xestionaron ca Deputación de Ourense e teñen redactado o proxecto, estando pendentes de que os técnicos provinciais acudan a facer as medicións correspondentes. Estaba previsto que se achegasen até o lugar no mes de marzo, pero quedaron suspendidas no seu momento debido ao Estado de Alarma.

Desde a consistorial tamén se puxeron en contacto coas empresas hidroeléctricas, Endesa e Iberdrola, que xestionan os embalses de Prada e San Fiz respectivamente, e cuxo vertido «descontrolado», segundo sinalan desde o Concello foron os causantes da rotura da ponte. «Din que non se fan cargo xa que é a Confederación Hidrográfica Miño-Sil a propietaria da auga», explica, Manuel Corzo, alcalde do Bolo. A reunión con ambas empresas serviu para facerlle chegar unha petición segun relata corzo: «aproveitamos estas reunións para pedir unha subida do canon que recibimos, xa que somos os máis perxudicados cando hai inundacións e os que menos cobramos».

Y é que os máis beneficiados son os concellos que teñen encoros no seu territorio e o resto non acadan casi remuneración, sendo ademáis os máis perxudicados, xa que é o municipio con máis zonas inundables.

Así mesmo dende o Concello do Bolo mandouse un comunicado a Delegación de Goberno para que a súa vez falen coa Subdelegación de Goberno e estes co Exército, que conta cunha sección de pontoeiros para que fagan unha ponte provisional. O Reximento de Pontoeiros e Especialidades de Inxenieros nº 12 (RPEI 12) encárgase entre outos de da instalación de todo tipo de pontes lxgísticos de apoios fixos ou flotantes, e faino nun tempo mínimo, se cadra unha solución nada desatinada.

O Concello do Bolo busca solucións para a Ponte da Barxa