miércoles 25/5/22

A totalidade dos residentes da Residencia Gabino García de Manzaneda xa volven a estar no centro tras regresar, unha parte, do Centro de Día

A Residencia Gabino García de Manzaneda xa volve a estar ao completo tras regresar ao centro os 10 residentes que foran trasladados ao Centro de Día o pasado 3 de abril a modo de prevención ante posibles contaxios que ao final non se deron.

Xunto co regreso dos maiores tamén voltaron as visitas, estas seguen un protocolo marcado pola Xunta de Galicia, que iniciou nas residencias a súa propia desescalada con 3 fases. Na primeira únicamente se podrá acudir a visitar a un residente unha vez a semana, ademáis só a persona de residencia poderá facelas, na 2 amplíase a dúas as visitas semanais, mentres que na 3 xa poderán facelo varias personas.

Ademáis as visitas faránse no Centro de Día -salvo excepcións moi concretas- que se encontra vacío nestes intres, con cita previa, este lugar xa se desinfectou tras o regreso dos maiores a residencia, ademáis nas primeiras fases todavía non se permite o contacto entre os visitantes por prevención ante posibles contaxios, deberán equiparse con mascarillas e manter unha correcta hixiene de mans.

Ás excepcións ten que ver coas personas de mobilidade reducida, neste caso habilitouse un circuíto de seguridade, neste caso entran por unha porta lateral para chegar ata habitación. Tampouco os repartidores ou personal externo ao centro acceden por portas alternativas.

Respecto a etapa do confinamento dende o centro da vila de Manzaneda fixeron todo o posible para que ninguén tivera que padecer o virus. «Temos 20 habitacións dobres, 40 usuarios, e como son dobres houbo un plan de dispersión dos usurarios, facilitado polo médico do PAC, para evitar contaxios. Enviouse un grupo de 10 ao Centro de Día polo que creamos 10 habitacións individuais e 2 de aislamento» explicou o director do centro Mario Crespo.

Pero non foi a única medida, xa que os traballadores destinados no Centro de Día confinábanse durante unha semana seguida cos maiores en 3 grupos de 2, de martes ás 3 da tarde ata o seguinte martes ás 3. O personal da residencia facían turnos de 24 horas e descansaban 3 días. Agora todos regresaron a residencia a unha situación parecida a anterior.

Na residencia xa voltaron a facer actividades grupais, tanto ca educadora como coa fisio, esta última adoita a facer sesións individuais, mentres que a educadora se ben fai actividades en grupo céntrase no trato individualizado, ademáis de manter en todo o momento a distancia social entre os maiores.

Os maiores como ocurriu noutros centros levaron ben os meses de confinamento. «Tíñamos pouco uso do WhatsApp e das redes, e durante o confinamento usáronse bastante, e as videochamadas, adaptáronse xenial, ao ver aos seus familiares a través da tablet quedaron encantados, foi unha experiencia, creín que non ía ser unha adaptación tan boa pero o resultado foi bo».

Mario Crespo: «Os maiores adaptáronse perfectamente»