martes. 01.07.2025

Manifestación no centro de saúde do Barco polo descontento co programa XIDES

a CIG-Saúde entende que a Administración Sanitaria debe retirar o XIDE e abrir un proceso de escoita ás e aos profesionais da Atención Primaria para ¡ pór en marcha un sistema de xestión da demanda nos Centros de Saúde
portada-somoscomarca-concentracion-centrodesalud-2023-06-28
Manifestación no centro de saúde do Barco polo descontento co programa XIDES

Coincidindo coa celebración da mesa sectorial, centos de traballadores e traballadoras do SERGAS concentrábanse ás portas dos centros de saúde de toda Galicia para sumarse a este rexeitamento ao XIDE, unha ferramenta de xestión da demanda na Atención Primaria imposta polo SERGAS que, «ademais de supor unha sobrecarga de traballo, xera unha situación de inseguridade xurídica para as traballadoras e traballadores, nomeadamente nas demandas de consulta urxente e sen cita que se solicitan no mesmo día».

A CIG-Saúde xa denunciara no Consello técnico de Atención Primaria celebrado o 16 de febreiro de 2022, no que foi presentado o XIDE, que “as áreas administrativas dos centros de saúde están infradotadas de persoal, que faltan PSXs, e que ademais, non garanten a privacidade das persoas usuarias, incluídas as dos centros de saúde de nova creación”, explica o secretario nacional, Manuel G. Moreira.

Tamén vén denunciando que nos últimos anos son múltiples as funcións e programas informáticos que asumiron as e os PSXs, e que o tiveron que facer sen recibir a formación necesaria, sen ter unha persoa de referencia para consultar as dúbidas, e, sobre todo, sen incorporación de máis persoal estable nos Centros de Saúde.

Por iso, a CIG-Saúde entende que a Administración Sanitaria debe retirar o XIDE e abrir un proceso de escoita ás e aos profesionais da Atención Primaria para organizar e pór en marcha un sistema de xestión da demanda nos Centros de Saúde que contemple a visión do persoal das áreas administrativas e que permita acordar un procedemento de xestión das citas e das demandas de consulta urxentes, tanto presenciais como telefónicas.

Manifestación no centro de saúde do Barco polo descontento co programa XIDES