martes. 23.04.2024
A imaxe de Florencio Delgado viaxa nos trens de media distancia e Avant

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García,  xunto co xerente e o xefe de área comercial do Servizo Público de Renfe en Galicia, Javier Pérez e Alberto Martínez, respectivamente, presentaron hoxe, 9 de maio,  as accións acordadas para a promoción da figura de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado no Día de las Letras Galegas.

O representante da Xunta de Galicia destacou “a visibilidade que lle dá á celebración do 17 de maio e á divulgación do persoeiro homenaxeado, neste caso Florencio Delgado Gurriarán, esta colaboración con Renfe que vimos mantendo desde hai varios anos” . Mediante este acordo de colaboración, ambas as entidades poñen en marcha distintas propostas para promover a cultura e a lingua galegas a través dos servizos públicos de Renfe Viaxeiros e fomentar o  transporte por ferrocarril.

Entre estas accións, os carteis dos gañadores do Concurso das Letras Galegas 2022  poderanse contemplar nos espazos de información ao viaxeiro que Renfe ten asignados nas estacións de ferrocarril. Do mesmo xeito, a imaxe institucional mostrarase nos repousacabezas dos trens de alta velocidade, serie 121, que fan servizos AVANT e Media Distancia nos corredores A Coruña-Santiago de Compostela-Ourense e A Coruña-Santiago de Compostela- Vigo.

VIII Carreira Camiño das Letras

Esta competición deportiva terá lugar o martes 17 de maio en Santiago de Compostela e Boqueixón co obxectivo de unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago.

Os participantes poderán escoller entre dúas probas, unha de 15 Km que partirá desde o Pico Sacro, seguindo a Vía da Prata ata a Cidade da Cultura, e outra de 5 Km, tamén no entorno da Cidade da Cultura.

O prazo de inscrición estará aberto ata o mércores 13 de maio ás 23,59 horas e a recadación solidaria dun euro por participante estará destinada á Federación Galega de Dano Cerebral —FEGADACE—. Ademais, cada corredor, recibirá un libro de agasallo xunto á entrega do dorsal.

A imaxe de Florencio Delgado viaxa nos trens de media distancia e Avant