sábado. 23.05.2026

Entre viñedos, patrimonio e pedaladas: a Ruta Nacente percorreu Valdeorras dun xeito diferente

 Os participantes descubriron paisaxes de Rubiá e O Barco nunha experiencia que combinou deporte, natureza, viño e gastronomía
somoscomarca_rubia_rutadelvino_bicicletaselectricas_ocepado970

Os viñedos de Valdeorras convertéronse esta fin de semana no escenario dunha nova experiencia de cicloturismo organizada pola Ruta do Viño de Valdeorras. A proposta, bautizada como Ruta Nacente entre viñedos, reuniu a once participantes nun percorrido circular de 26 quilómetros entre os municipios de O Barco de Valdeorras e Rubiá, nunha xornada que mesturou deporte, paisaxe, patrimonio e enoturismo.

somoscomarca_rubia_rutadelvino_bicicletaselectricas_ocepado973
A saída e chegada foi desde o Pazo do Castro

A saída e chegada realizouse no Hotel Monumento Pazo do Castro, onde posteriormente os asistentes compartiron unha comida para poñer o broche final á actividade.

somoscomarca_rubia_rutadelvino_bicicletaselectricas_ocepado972

A xerente da Ruta do Viño de Valdeorras, Cristina Núñez, explicou que «foi unha ruta moi chula de 26 quilómetros entre os municipios do Barco e Rubiá», destacando o carácter circular do percorrido e a boa acollida da proposta. «A metade do grupo viña de Ponferrada e Ourense e o resto completouse con xente da comarca», sinalou.

somoscomarca_rubia_rutadelvino_bicicletaselectricas_ocepado969
Diego, xerente de O Cepado explicalles aos participantesas características do viñedo

Durante a mañá, os participantes atravesaron diferentes puntos do territorio valdeorrés como Outarelo, Forcadela, O Val ou Repuricelo, descubrindo especialmente a riqueza paisaxística e vitivinícola do concello de Rubiá. «Sobre todo percorremos a zona de viñedos do Concello de Rubiá», apuntou Núñez.

somoscomarca_rubia_rutadelvino_bicicletaselectricas_ocepado968

A ruta continuou pola Serra ata baixar novamente cara ao Barco, pasando tamén pola contorna do Mosteiro de Xagoaza antes de regresar ao Pazo do Castro. A pesar de que a choiva fixo acto de presenza durante algúns momentos da xornada, o tempo acabou respectando a actividade. «Choveunos un pouco, pero a verdade é que o tempo acompañou bastante», comentou a responsable da organización.

somoscomarca_rubia_rutadelvino_bicicletaselectricas_ocepado975
Cata na Adega O Cepado

A experiencia completouse cunha visita á adega O Cepado, onde os asistentes tiveron ocasión de coñecer os viñedos da zona de Prado Longo e participar nunha cata dos seus viños, entre eles o viño novo da adega.

somoscomarca_rubia_rutadelvino_bicicletaselectricas_ocepado974

A actividade volveu demostrar o potencial de Valdeorras para unir natureza, patrimonio, deporte e cultura do viño nunha mesma proposta turística. Unha maneira distinta de descubrir o territorio, pedalada a pedalada, entre paisaxes que xa forman parte da identidade da comarca.

somoscomarca_rubia_rutadelvino_bicicletaselectricas_ocepado971
Un bride pola actividade
Tu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizado

Entre viñedos, patrimonio e pedaladas: a Ruta Nacente percorreu Valdeorras dun xeito...