domingo 29/5/22

Dolores Durán, nova directora de recursos económicos da Área Sanitaria

Asume desde hoxe un dos orzamentos públicos mais elevados da provincia, co reto inmediato de coordinar obras como a ampliación dos tres hospitais de Ourense

somoscomarca_doloresduran_--
Dolores Durán, nova directora de recursos económicos da Área Sanitaria

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe o nomeamento de Dolores Durán Oreiro como nova directora de Recursos Económicos da Área Sanitaria de Ourense, Verín e e Valdeorras, deixando vacante a subdirección que viña ocupando neste departamento que asume un dos orzamentos públicos mais elevados da provincia, co reto inmediato de coordinar obras como a ampliación dos tres hospitais de Ourense, a Unidade de Coidados Intensivos, ou o futuro Centro de Saúde Integrado de Ourense, entre outros.

Fondamente vinculada a Área Sanitaria de Ourense, onde ocupou diversos postos de responsabilidade, é Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago, Diplomada en Sanidade, Máster en Dirección e Xestión de Servizos Sanitarios, e posúe ampla experiencia e formación en xestión económica e presupostaria, contratación administrativa no sector público de institucións sanitarias e dirección. Durán releva nesta responsabilidade a Cristina Enjamio Cabado, Directora de Recursos Económicos desde 2018, que cesou a petición propia.

A traxectoria profesional de Dolores Durán está vinculada desde 1995 aos servizos sanitarios públicos, pasando polos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, onde traballou, desde 1999, na dirección xeral de Farmacia. Accede por oposición, en 2002,  ao corpo superior de persoal estatutario,  con nomeamento de persoal fixo como Técnico da Función Administrativa, e xefa de servizo de Xestión Económica, do actual Hospital Universitario de Ourense, en 2004.

Ese mesmo ano ocupa o posto de directora de Recursos Económicos do C.H. de Ourense, responsabilidade que asume entre 2004 e 2009, coincidindo coa primeira fase do plan director, para, posteriormente, responsabilizarse da subdirección de Recursos Económicos da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, de 2015 a 2017, posto que tamén ocupou, desde 2017 á actualidade, na nosa Área Sanitaria.

Dolores Durán, nova directora de recursos económicos da Área Sanitaria