domingo. 08.06.2025

Os chozos da "Ciudad de la Selva" foron restaurados e consolidados

Estas restauracións leváronse a cabo por mor da iniciativa da Comunidade de Montes de Casaio

Por iniciativa da Comunidade de Montes de Casaio, que contou cos servizos da empresa de restauración de Santiago de Compostela Fraxil e a colaboración do proxecto Sputnik Labrego, consolidraron os chozos da "Ciudad de la Selva" -na que estaban refuxiados os guerrilleiros da loita antifranquista- co obxectivo de polos en valor para o público. “Estas estruturas estaban nun estado moi delicado e, sobre todo, perigoso para a súa visita. Coa consolidación logramos que poidan ser visitados no futuro”, afirma Yolanda Porto, restauradora de Fraxil.

Concretamente, nesta campaña consolidáronse dous chozos no val das Morteiras e o coñecido chozo da guerrilla do Teixadal de Casaio, un dos monumentos naturais más importantes da zona. Estes chozos foron escavados no verán do 2018 e xeneraron unha importante cantidade de obxectos vinculados á guerrilla que foron posteriormente expostos tanto en Casaio como no Barco de Valdeorras.

Esta consolidación é un primeiro paso dentro dun ambicioso proxecto de posta en valor patrimonial das paisaxes da guerrilla antifranquista da “Ciudad de la Selva”.

Proxecto que se porá en marcha nun futuro próximo e que ten como un dos obxectivos crear rotas de sendeirismo e incluso un centro de interpretación para coñecer en profundidade a loita antifranquista. “É o primeiro proxecto de patrimonalización enfocado a un pasado moi cercano, mais fundamental para comprendérmonos na actualidade”, dinos Carlos Tejerizo, director do Sputnik Labrego, “esta consolidación, ademais, baséase nos resultados das nosas campañas de escavación, grazas á iniciativa da Comunidade de Montes de Casaio”, remata Tejerizo.

Os chozos da "Ciudad de la Selva" foron restaurados e consolidados