viernes. 29.03.2024
somoscomarca_eir_mir_2022-05-31
Cincuenta e un novos residentes completaran este año a súa especilidade na Área Sanitaria

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras deu hoxe a benvida aos cincuenta e un novos residentes que se formarán como especialistas nos seus centros docentes, nas diferentes disciplinas médicas (MIR) de enfermería (EIR), farmacia (FIR) e psicoloxía (PIR).

Esta promoción será unha das máis numerosas e con maior presenza feminina dos últimos anos, con só un 15% de alumnos, 8 de 51. Como en anos anteriores as especialidades con máis residentes son Medicina de Familia e Comunidade que, afortunadamente, cubre as 14 prazas ofertadas nun ano con máis de 200 vacantes a nivel nacional.

No eido hospitalario a especialidade de Anestesioloxía e Reanimación, suma catro novas MIR; tres Pediatría e Áreas Específicas e dous Medicina Interna, Psiquiatría e Radiodiagnóstico. No resto de disciplinas médicas incorporase un en Análises Clínicos, Cirurxía Xeral, Aparello Dixestivo, Hematoloxía e Hemoterapia, Medicina Intensiva, Nefroloxía, Neumoloxía, Oftalmoloxía, Oncoloxía Médica, Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía e Obstetricia e Xinecoloxía, ao igual que en Farmacia e Psicoloxía Clínica.

A formación especializada de enfermería chega este ano a un fito e suma dez novas residentes (EIR): Tres en Enfermería Familiar e Comunitaria, tres en Saúde Mental, e dúas, respectivamente, en Obstetricia e Xinecoloxía e Pediatría.

Os novos e novas residentes foron recibidos polo xerente, Félix Rubial, e polos seus titores e responsables directos de docencia: o presidente da Comisión de Docencia, Jesús García Mata, e a xefa de estudos da Unidade Docente Multiprofesional de Atención Familiar e Comunitaria, Sandra Pardo.

A duración do período de formación dos novos residentes depende da especialidade elixida. Nas de enfermería de dous anos, farmacia e psicoloxía catro anos, e nas disciplinas médicas,  catro na maioría dos casos salvo en cirurxía, traumatoloxía Medicina Interna, Medicina Intensiva e Oncoloxía onde se estende a cinco anos. 

Cincuenta e un novos residentes completaran este año a súa especilidade na Área Sanitaria