sábado. 20.04.2024
somoscomarca_susovilasanchez_plenoobarco_2021-10-06
O BNG quere que o Concello facilite a información de axudas e subvencions oficiais

Este xoves, 3 de febreiro, celebrase o pleno do mes no Concello do Barco. Jesús Vilasánchez, concelleiro en representación do BNG, presenta una moción para facilitar á cidadanía o coñecemento de convocatorias de axudas e subvencions oficiais.

O partido considera que «aínda que as institucións e organizacións tanto sindicais como empresariais ou políticas teñen persoas adicadas á lectura deses voceiros e á comunicación das informacións de interese para os seus representados ou afiliados, a realidade é que os particulares, os autónomos non asociados e as comunidades veciñais adoitan non ter información de moitas das axudas e subvencións convocadas».

Ademais, o motivo é que non lle poden adicar o tempo suficiente, ou non teñen recursos para ler boletíns oficiais e diarios oficias diariamente.

O BNG pretende que O Concello do Barco cree na súa páxina web un apartado onde se informe, por transcrición literal do texto ou enlace informático, das subvencións e axudas que poidan interesar á cidadanía barquense.

Moción Riada Cidadá

Pola súa parte, Félix García, concelleiro en representación de Riada Cidadá, presenta una moción relativa á necesidade de que as entidades bancarias ofrezan un servizo adecuado en especial ás persoas de idade que teñen dificultades no aceso aos servizos o-line. 

Por iso, o partido insta ao conxunto das entidades bancarias que operan no Concello de O Barco a reforzar os recursos para dar ser un servizo adecuado, durante todo o horario de oficina, e sen cobro de comisións aos colectivos vulnerables. 

Ademais, o Concello acorda encarecer o tributo dos caxeiros automáticos localizados na rúa por ocupación da vía pública. A modificación da conseguinte ordenanza tributaria incluirá unha bonificación do 90% para as sucursais que se preocupen de atender persoalmente aos maiores.  

O BNG quere que o Concello facilite a información de axudas e subvencions oficiais