lunes. 03.10.2022

A Área Sanitaria destinará este ano máis de 6 millóns a formación de especialistas

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras fórmanse ao redor de 150 residentes cada curso nas diferentes especialidades acreditadas 

A Área Sanitaria destinará este ano máis de 6 millóns a formación de especialistas

No curso que está a piques de comezar, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras ofertará 52 prazas de residentes nas diferentes especialidades médicas (MIR) de enfermería (EIR), farmacia (FIR) e psicoloxía (PIR) o que eleva a 26 as especialidades ofertadas ás que poderán acceder os futuros residentes, que en breve elixirán destino, entre todos os centros sanitarios do país.

Para promover o coñecemento da nosa área entre os futuros especialistas, e facilitar a súa elección, a Comisión de Docencia ven de iniciar as súas xornadas de Portas Abertas para Futuros Residentes, que facilitan o coñecemento dos centros sanitarios públicos de Ourense e  un contacto directo cos que serán, de elixir praza aquí, os seus titores e residentes maiores.

Para lograr que a experiencia sexa o mais personalizada posible, en función das áreas ou especialidades de interese, que nalgúns casos son mais de unha, os e as interesadas poden contactar previamente coa Comisión de Docencia, nos teléfonos 988 369 822; 988 369 757  e 988 066 776 ou, por correo electrónico, na dirección: [email protected].

26 especialidades ofertadas

A Área Sanitaria de Ourense oferta formación posgraduada, nun total de 26 especialidades. Vía MIR: Análises Clínicas, Anestesioloxía e Reanimación, Anxioloxía e Cirurxía Vascular, Aparello Dixestivo, Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo, Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, Hematoloxía e Hemoterapia, Medicina Familiar e Comunitaria, Medicina Intensiva, Medicina Interna, Medicina Preventiva e Saúde Pública, Nefroloxía, Neumoloxía, Obstetricia e Xinecoloxía, Oftalmoloxía, Oncoloxía Médica, Otorrinolaringoloxía, Pediatría e Áreas Específicas, Psiquiatría, Radiodiagnóstico e Uroloxía. 

Ademais, en enfermería (EIR), ofértanse catro especialidades: Pediatría, Familiar e Comunitaria, Obstétrico-Xinecolóxica e Saúde Mental. Ademais das médicas e as de enfermería, tamén se oferta formación especializada en Farmacia Clínica (FIR) e Psicoloxía Clínica (PIR). 

A Área Sanitaria destinará este ano máis de 6 millóns a formación de especialistas