jueves. 28.03.2024

Este xesto solidario permite salvar vidas e manter a esperanza dos mais de trinta ourensáns que agardan por un transplante de órganos.

O Oficina de Transplantes do Hospital Universitario de Ourense desexa lembrar no Día Nacional da Doazón a importancia de concienciarse e apoiar este xesto solidario que permite salvar vidas e manter a esperanza dos mais de trinta ourensáns que agardan por un transplante de órganos.

Nesta unidade colaboran Jesús Priego Sanz, do Servizo de Medicina Intensiva e coordinador en Ourense, ademais de Estefanía Prol e Paula Fernández, intensivistas, xunto con Estrella Pérez, enfermeira coordinadora. Contan ademais co apoio dun equipo multidisciplinar composto por profesionais dos servizos de Medicina Intensiva, Anestesia e Reanimación, Nefroloxía, Urxencias Neuroloxía, Neurocirurxía, Oftalmoloxía, Microbioloxía e Neurofisioloxía; ademais de persoal sanitario e non sanitario de quirófano, celadores, etc.. do Hospital Universitario de Ourense.

A doazón de órganos é a base do sistema nacional de transplantes que garante a universalidade deste complexo procedemento e da unha oportunidade a miles de doentes para os que o transplante supón a diferencia entre a vida e a morte ou unha nova oportunidade dunha vida plena, tras meses ou anos de incerteza e limitacións. Para elo o consentimento baseado na xenerosidade e solidariedade das familias dos doantes é imprescindible para poñer en marcha un complexo engranaxe para manter ese órgano viable e transplantalo no paciente que o precisa.

Con elo a dor persoal pola perda dun ser querido cobra un novo sentido dando vida, por elo tentar reducir as negativas familiares é un dos grandes retos da Unidade de Coordinación de Ourense que, no que vai de ano, pese ao impacto da pandemia de coronavirus, intervíu en dúas doazóns que deron vida a oito pacientes.

Na actualidade en Galicia 313 persoas están a espera de recibir un transplante, en concreto 313 de ril, 63 hepático, 18 pulmonar e 12 de corazón. Todos eles teñen garantido este procedemento xa que, en España, a doazón e o transplante están regulados por unha lei, que garante, tanto o altruísmo da doazón como a equidade no acceso ao transplante. Co mesmo dereito e as mesmas posibilidades de recibir un transplante, independentemente do lugar de residencia ou calquera outra conxuntura persoal.

Un sistema solidario e universal

Para que este proceso se inicie o consentimento das familias ou achegados dos posibles doantes é imprescindible. Afortunadamente, estas negativas reducíronse en Galicia ao 50% desde 2016, ata unha porcentaxe do 13%, menor que a media nacional do 14%, o que supón un fito na nosa comunidade, onde a porcentaxe de negativas era tradicionalmente mais alta, chegando ao 27% en 2014.

España é o país con maior taxa de doazón de todo o mundo. E da xenerosidade dos galegos e bo funcionamento das unidades existentes na comunidade da fe a taxa de doazón, de 50.6 por millón de habitantes, por riba da media estatal do 49.

Pese a elo segue sendo preciso intensificar os esforzos deste complexo engranaxe que comeza desde a detección dun posible doante e o consentimento familiar, cun traballo intenso correndo contra o reloxo para manter a viabilidade do órgano ata a chegada do equipo de extracción para posterior transplante.

A dura realidade é que pese a estes esforzos, cada día hai máis persoas que necesitan ser trasplantadas para seguir vivindo, e ao redor do 10% dos posibles receptores falecen mentres esperan recibir un órgano.

A doazón de órganos, clave para os ourensáns á espera dun transplante