jueves. 28.03.2024
Vilariño

Vilariño encheuse de folións e sabor a cabrito

Cerca de 2.000 persoas  xantaron o cabrito no pavillón e na carpa

Os cambios na Festa do Cabrito de Vilariño de Conso, «todo un éxito», segundo as palabras da súa alcaldesa, Melisa Macía. A innovación chegou esta festa gastronómica e de Entroido que este ano chegou a súa trixésimo segunda edición. O primeiro e máis significativo foi o cambio na data, paso do Domingo Gordo o Sábado de Entroido. A segunda e non menos importante foi a  instalación dunha carpa para albergar a máis xente.

Os membros dos folións e acompañantes xantaron na carpa —uns 1.000— e o resto de comensais fíxoo na carpa habilitada para tal menester —820 asistentes—. O menú en ambos sitios estivo formado por chourizos cocidos, empanada e por suposto o preciado cabrito. De sobremesa bica e todo acompañado por viños da zona.



A actuación da Orquestra Olympus e todo o espectáculo que xira o seu redo, axudou a que pola tarde aínda se concentrara máis xente na zona do campo de fútbol. Disco Gramola tamén estivo amenizando a tarde.

O Entroido de Vilariño declarado de «Interese turístico de Galicia», desde 2017 comezou co pregón de Xosé Manuel García, do programa da Radio Galega “Come e Fala”»,  na praza da vila ás 11:30 horas. Ó remate a Banda de Gaitas Municipal realizou un desfile deixando paso o son dos bombos dos diferentes folións.

O primeiro en saír da praza do Toural foi o folión de Vilariño. O do Val, con 90 compoñentes e integrado polas localidades de Entrecinza, Sabuguido, Edrada e Soutelo foi o segundo en saír. Levaba diante  unha carroza cunha noria que movía un mecanismo que facía cunha figura lle pegase ó ferro.

Despois do folión do Val desfilou o de San Cristobo, Conso e a Veiguiña. Este seguiuno o de Chaguazoso e logo o de Mormentelos —da gusto velos bailar—. Carracedo, Bembibre e Buxán foron os seguintes. Cerrou o desfile o fulión Alternativo de Viana do Bolo, sempre coas súas ganas de troula.

Este Entroido trae ano tras ano a multitude de persoas que desexan vivir nas propias carnes unha festa que conserva intactas as súas señas de identidade.  Así as seis da tarde, unha vez rematado o xantar houbo unha exhibición de Boteiros e tamén concurso de disfraces.

Mañá domingo, a partir das seis da tarde levarase a cabo unha visita pola vila con unha representación de versos e a tradicional foliada.

 O luns ronda de folións e cea con porco ó espeto. O Entroido dirá deus o mércores co enterro da sardiña.

Folión de Vilariño de Conso

Folión do Val:

Vilariño encheuse de folións e sabor a cabrito