jueves. 28.03.2024
Vilamartín

Visita ó Castelo de Valencia (Vilamartín) para compartir e dialogar dos achados

O equipo de Sputnik Labrego presentou os resultados da última escavación a pé de campo

Máis dunha vintena de persoas de  diferentes puntos da provincia coñeceron da voz de Carlos Tejerizo o resultado das últimas escavacións feitas no Castelo en Valencia do Sil, Vilamartín de Valdeorras.«La idea es hacer una devuelta, ya que terminamos las excavaciones, de los primeros resultados que hemos obtenido de esta campaña», sinalaba Tejerizo antes de comezar a marcha cara o castro.



Debido a pandemia non se puido facer a presentación multitudinaria cunha charla para informar destes resultados así que o grupo de Spuknik decidiu presentar os achados no seu contexto.

A cada un dos membros da expedición tomóuselle a temperatura antes de iniciar a saída e foi obrigatorio o uso de mascarilla durante toda a visita. No xacemento o xel hidroalcohólico fixo acto de presenza para poder tocar as diferentes pezas achadas. Entre os participantes atopábase un nutrido grupo xente de Ourense que quixeron coñecer de primeira man a historia e o patrimonio de Valdeorras. Tamén a cineasta, Cristina de la Torre sumouse á visita para facer varias tomas do lugar.

Compartir e dialogar coa xente sobre os resultados obtidos foi o fin da visita, na que se formaron dous grupos, un con Carlos Tejerizo á cabeza e o outro comandado por Celtia Rodríguez, quen se encarga da contextualización dos xacementos.



Na visita amosáronse os dous lugares da escavación realizada este ano, a parte este e a norte. Os participantes puideron comprobar a complexidade do lugar e as diferentes densidades de estruturas e habitantes que tiña o lugar. «Básicamente hay estructuras, hay casas, hay zonas de producción que nos aportan muchísima información», subliñou Tejerizo ao respecto. Dentro do xacemento, o equipo de Sputnik Labrego mostrou as diferentes fases de ocupación do lugar. «Hemos localizado algunos muros que están siendo cortados por las viviendas que están ahora en vista. Tenemos que analizarlo, porque le da mucha complejidad a la historia del sitio», puntualizou o coordinador do proxecto.

Este ano ademais escavouse na zoa máis alta, a da Coroa, pero non acharon restos de ocupación, nin estruturas nesa zona. Usaron un drone que lles permitiu documentar a estrutura de fosos que estaba moi tapadas pola maleza. Foron os operarios do Concello de Vilamartín quen se encargaron de limpar o lugar, Tejerizo quixo agradecer o esforzo que se está levando a cabo desde este organismo para prestarlles axuda. O voo do drone facilitoulles información de coma se reestruturaba a paisaxe durante a ocupación do lugar.

Nesta última escavación, ampliáronse moito as mostras e as analítica en canto á fauna. Mediante os osos achados poderase saber que dieta seguían os moradores e como obtiñan os alimentos. As mostras de terra arroxarán resultado sobre a existencia de cereais. «Mucha información que procesar a partir de ahora», conclúe Tejerizo.

Ao longo da campaña puídose visitar o sitio e ver os traballos de excavación.

Se queres escoitar a conversa con Carlos Tejerizo fai clic na seguinte ligazón:

Fotografía: Marcos Fernández, Cristina de la Torre y Sonia Rodríguez

Visita ó Castelo de Valencia (Vilamartín) para compartir e dialogar dos achados