sábado. 07.06.2025
Vilamartín

A Santiago polo Camiño de Inverno

Co lema “Valdeorras no mapa xacobeo do Camiño de Inverno”, 117 persoas procedentes dos concellos de Rubiá, O Barco, Carballeda, Vilamartín, A Rúa, Petín e Larouco, partiron para Santiago de Compostela a bordo de dous autobuses co fin de escoitar, as 12:00 horas, a misa na catedral e ver voar o botafumeiro.

O obxectivo desta singular peregrinaxe é dar a coñecer o camiño e poñelo en valor. Así Ramón García, un dos impulsores e precursores desta ruta e hoxe presidente de honor atopábase cheo de ledicia. A Ragar alumeábanselle os ollos cando falaba do camiño antes de tomar o autobús, “despois de 19 anos de loita, se vexa recoñecido o camiño é moita alegría”, dicía. Hai que ter en conta que il, con un grupo de amigos foron os que, armados de fouces e outras ferramentas abriron parte dos tramos polos que hoxe discorre, “fixemos o camiño e isto é literal”, dicía, puxeron tamén a frechas amarelas, e recorda o que un político de entonces, se atreveu a comentar, ”jamás será reconocido”, errou esta muller na  súa predición, para alegría de todos.

María González Albert, alcaldesa da Rúa, tamén participou nesta marcha e comentaba que,  “está vindo xente y nos está pillando en cueiros, témonos que poñer as pilas, primeiro os concellos e despois a iniciativa privada. Hai falta de servizos e nos falta capacidade de información aos peregrinos. Hai que poñerse a traballar para que a xente que nos visite saia contenta”. Tamén suliñou que fan falla mapas e información dos servizos, así como una oficina para estes menesteres, que podería ser o edificio que se creou para elo no Campogrande, pero que está fora do trazado do camiño e ten pouca ou ningunha capacidade de almacenaxe, necesaria para ter os mapas e a información en papel, tamén para a mostra de produtos da zona.

Na comitiva atopábase o alcalde de Petín, Miguel Bautista, a concelleira de turismo do concello do Barco, Irene Dacal e o presidente do IEV, Aurelio Trincado; a presidenta da asociación recordamos que xa está de en Santiago xa que fixo a marcha a pé.

A Santiago polo Camiño de Inverno