As entradas quedaron vendidas o xoves, o aforo completouse e máis de 1000 persoas desfrutaron dunha tarde fresca
A tormenta caída a primeira hora da tarde traía malos augurios. Os coveiros de Arcos con Carlos López á cabeza temeron que a treboada dera ao traste coa FestaCoveira. «As cinco da tarde por aquí baixaba un río dunha cuarta», dinos Carlos López sinalando coa man aberta o lateral da súa cova. Pero como trala tempestade chega a calma as sete e media estaba o ceo despexado e todo preparado para recibir aos máis de 1.000 asistentes a Festa Coveira.
Nove covas
participaron este ano na festa, as que se engadiron un posto de panceta nunha
das prazas. Un posto—no cima de todo—,onde Rique Barreiro ofrecía aos que así o
requerían unha pócima espirituosa que
leva o nome de «Auga de Valencia» ou
«Rebujito» . E, unha zona cun DJ para os máis novos onde bailaron e pasaron un
bo rato.
Para comer ademais
dos pinchos que tiñan todas as covas coma empanada de polo, carne e atún e
entremeses que incluían chourizo, queixo, salchichón e lomo houbo ensalada de
pasta, ovos cocidos con aliño de pementón, rolos de queixo e xamón de York,
lomo asado e moitos máis.
Unha vez pasou Don Godellín —o patrón das covas— estas foron pechando unha a unha. Logo a festa trasladouse a zona do arroio onde estivo un Dj. Este ano non fixo falta os móbiles para ver o camiño, xa que o concello puxo varios puntos de luz. Tamén asfaltou o lugar e arranxou e limpou os camiños para que a ruta estivera perfecta.
Os Bertolini de
Manzaneda animaron todo o roteiro. Cancións como a de Miudiño foron cantadas,
bailadas e interpretadas o son das súas gaitas, tambores e voz.
Carlos López mostrábase satisfeito, « mil persoas é o xusto. Aínda que comida e viño hai para o dobre. O caso e que a xente desfrute e que non se manque naide», argumentou. Até o ano que ven, que a Festa Coveira volverá ser o segundo sábado de xullo as portas non se abrirán para tanto número de xente, aínda que os coveiros, os seus amigos e a súas familias si as desfrutarán, pero xa sen tanta xente.