De novo os veciños das Terras de Trives volveron a saír ás rúas en protesta pola supresión do servizo de pediatría. De novo pais, nais e cativos xuntábanse na mañá do mércores día 1 de agosto nas inmediacións da Praza do Pilón do pobo e a eles uníase o alcalde do municipio e os de San Xoan de Río e Manzaneda. «A pesar de que houbo unha reunión de alcaldes, o único que conseguimos da delegada da Xunta foi un compromiso de que en septiembre se vai a restablecer o servicio», explica Domingo Diéguez, o rexidor trivés.
Para os afectados, as promesas non bastan e «insisten na mobilización dando a entender que non creen aos políticos, que non foron quen nin de transmitirlle directamente o compromiso de restablecemento do servicio», conta Diéguez. Ás 12:00 horas non cabía un alfiler na praza. Explica o alcalde de Trives que os alí presentes foron convocados a través do servicio de mensajería instantánea Whatsapp, e a pesar de «soportar un calor tremendo», vitoreron, pancarta na man, algúns dos lemas escritos nelas, «O rural exite», «Trives existe», ou «Ca saúde non se xoga».
Pola súa banda, a Xunta de Galicia remitiu un comunicado no que reitera o seu compromiso de restaurar o servicio de pediatría en setembro. O alcalde de Trives anuncia que alí estarán para apoiar aos veciños en cada convocatoria que ata entón poda volver a concretarse». Insiste o rexedor en que actualmente a comarca está esperando unha reunión «con algún representante da Xunta, conselleiro, vicepresidente ou presidente» para buscar unha solución plausible, pero esta cita, explica Domingo Diéguez, «aínda non está confirmada».
Para o alcalde trivés a supresión do servicio de pediatría é inxusto por tratarse das datas nas que estamos, que «é cando máis o necesitamos». Cree tamén que «sen estas mobilizacións, o servicio corre o perigo de non ser restablecido». Considera Diéguez «unha inxustiza porque «o servicio verdadeiramente o necesitamos» e porque «unha vez máis se castiga ao rural e as zonas máis deprimidas obrigando ás familias a facer desprazamentos a outras zonas que sí gozan deste servicio como Maceda, A Rúa ou Ourense». Engadía o alcalde que, de non impedilo a tempo, «deste xeito o rural quedarase sen xente por privación de servicios básicos como a atención dun pediatra».