sábado. 07.06.2025
Terras de Trives

Artesanía e carnaval citáronse en Trives

A artesanía e o carnaval de verán foron os pratos estrela deste fin de semana en A Pobra de Trives, onde os habitantes e turistas non tiveron tempo para aburrirse.

O venres deron comezo os actos do "X Entroido de verán" coa IX edición dos cantos de taberna. O sábado foi a quenda para a feira de artesanía, a cal abriu as súas portas ás 11 da mañá, acto previo a unha nova edición do campionato de billarda.

Xa de noite -de tarde continuou o mercado de artesanía- Los Íñigos foron os encargados de poñer o toque musical a esta nova edición do entroido coas súas cancións dos anos 60, 70 e 80 con sabor a veráns moi míticos.

O domingo levaráse a cabo unha chea de actividades, algunha delas destinadas aos máis pequenos da casa, tamén haberá tempo para a sesión vermú das Macizas Centrais, o desfile de folións con grupos chegados desde diversos puntos, e por último pechará o programa de celebracións a actuación de Son do Sil.

Artesanía e carnaval citáronse en Trives