Mentres que en Petín o Entroido dos pequenos celebrábase con música e merenda con chocolate incluído, no Barco había un DJ e colchonetas. Dun xeito ou doutro, os nenos pasárono en grande. Carapuchiñas Vermellas, Fadas, Súper Heroes, princesas, vaqueiros, indias, de todo un pouco. O importante era ir vestido co traxe do personaxe favorito. En Rubiá e A Rúa esta celebración foi o domingo.
En Petín celebrouse o Entroido coma sempre, con música e merenda, con pais, avós e tíos acompañando os pequechos. Houbo tamén unha maquilladora e una perruqueira que os embeleceu máis se cabe, e as dúas do pobo, Natalia e Ángela. A festa comezou as cinco da tarde e as oito aínda quedaban nenos polos arredores do Teleclub.
No Barco os nenos acompañados tamén de seus familiares ou sos, bailaron o ritmo dun DJ, fixeron cabriolas no touro mecánico, baixaron polo tobogán inchábel ou saltaron nas colchonetas.
Un día, o luns de Entroido, no que a todos nos gustaría voltar a ser nenos.