Os 37.000 metros cadrados dispoñibles da segunda e terceira fase póñense a venda a 28 euros o metro
O novo concurso de solo empresarial que se aplicará desde mañá terá unha bonificación do 50%. Así os 37.000 metros cadrados dispoñibles no parque da Raña —prácticamente o 40% do terreo que se puxo a disposición na segunda e terceira fase— póñense a venda a 28 euros metro cadrado.
Heriberto García Porto, director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo —IGVS— visitou o polígono industrial da Raña para presentar a ampliación da da cuarta e quinta fase do parque. O polígono empresarial da Raña incluirase no plan sectorial, e abarcará unha superficie de 200.000 metros cadrados. Preténdese así satisfacer a previsible demanda dos vindeiros anos con prezos competitivos, ca fin de ter máis empresas locais e tamén novos investimentos que fomenten o emprego na zona.
Alfredo García, rexedor barquense, destacou os beneficios dos precios económicos que se aplicarán nas fases existentes. «Cónstame de que hai interesados para que esto salga. A ver si é certo e finalmente fanse as adquisicións cas conseguintes novas industrias» salientou.
García tamén falou sobre a necesaria ampliación do parque empresarial hacia a zona de Arnado, o plan inicial viuse modificado debido a falta de permisos por parte da Confederación Hidrolóxica do Miño-Sil. «O futuro non pode estar pendente de 37.000 metros cadrados. Faremos 100.000 metros cadrados hacia a carretera de Arnado. Este é chan urbán residencial e preténdese transformalo a industrial» recalcou.
Outros 100.000 metros cadrados destinados a industria serán establecidos cara a montaña debido a existencia de zona agraria nos terreos que van cara a localidade de Viloira. «Esta será a primeira ampliación seria do polígono. Ogallá haxa pronto unha nova», dixo García.
Heriberto García Porto, director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo presenta no Parque industrial da Raña a nova ampliación de terreos:
Explicación de Alfredo García, alcalde do Barco: