A Volta Ciclista a Valdeorras con saída e chegada no Barco, recorreu 116 Km pasando polos concellos de Vilamartín, A Rúa, Quiroga, San Clodio, San Xoán de Río, Trives, Larouco e Petín. Os case que cen corredores sairon desde a praza do concello barquense; a chegadada estivo situada en Calabagueiros, donde ciclistas e acompañantes disfrutaron dunha pinchada.
A parte mais costosa do recorrido, sin dúbida, foi o ascenso ó Alto da Móa. Os 8,4 km. que separan San Clodio da cima, con unha pendente do 9-10% en bastantes kilómetros fan moi dura a subida de 697 m. de desnivel que coroan A Moá a 977 m. Outro dos altos que se atoparon foi o da Ermida no termo de Larounco, aínda que neste a pendente non chega ó 4%.
Houbo trofeos e recordos para o clube mais lonxano, o clube mais numeroso, ó participante de maior idade, ó mais pequenos y aos tres primeiros en chegar a meta que foron o leonés David López do clube que leva o seu nome. A case minuto medio chegou o barquense Fernando López, do clube Team Guerciotti e o terceiro posto acadouno José Manuel Pérez de Porriño, pertencente ao clube Cc Chantadino.
O resto dos resultados atoparalos na páxina web da organización.