Tódolos nenos e neas dos cursos de Infantil (3 á 5 anos) da comarca de Valdeorras participaron onte na convivencia de Cholo e Nela, este ano celebrada no CEIP de Manzaneda. O evento, que chegou a súa 21ª edición, reuniu a preto de 800 persoas nas instalaciones; case 400 nenos e nenas, procedentes de 20 centros educativos da comarca, máis outros tantos adultos, entre pais e educadores. Nun día «que comezaba gris pero no que a chuvia respetou á programación», contaba Nacho Hermida, organizador e ideólogo do evento, «tiñamos previstas a maoiría das actividades a cuberto».
O proxecto Cholo e Nela comeza cada ano no inicio do curso, sendo o día de onte o final do camiño que se celebra cunha festa durante toda a xornada. «Un grupo de profes da zona xuntámonos e eleximos un tema, coordinámonos por medio dos tutores dos coles que queira participar e durante o curso facemos unha labor de motivación que culmina nesta celebración», conta Hermida. O tema deste ano, Cholo e Nela polo medio, «está adicado ao respeto ao medioambiente, cuidado do medio natural, natureza, ecoloxía, reciclaxe e incencios. Os nenos trabállano na clase, escoitan a canción, e todas as actividades que programamos sempre se rixen polo mesmo fío conductor, este ano por exemplo, sementar, construir casas de paxaros, etc.»
O plantexamento global divídese en cuatro zonas diferenciadas, unha de obradorios, outra de xogos, outra de inchábeis e outra máis de exhibicións, «para a que contamos coa participación das forzas de seguridade, vehículos de protección civil, ambulancias, quitaneves e ata unha moto de neve», explica. Tras o bocata para nenos e grandes, que comeron nas mesmas instalacións do colexio de Manzaneda, chegou pola tarde un concerto para os peques no que Cholo e Nela cantarons as súas cancións.
Nacho Hermida explicou que «en Galicia non existe outra actividade parecida na escola pública galega, e menos para a idade de Educación Infantil e que teña durado o tempo que levamos facendo nós Cholo e Nela. Ademáis, é algo que se organiza sen unha empresa privada detrás, sen ánimo de lucro, e co impulso de todo o mundo». Feito que chama a atención e que mereceu a visita do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, que achegábanse na mañá do 31 de maio ata Manzaneda.
Ao redor das 15:30 horas os autocares recollían de novo aos escolares e aos maiores que os acompañaron nun día que foi agotador e sen embargo inolvidable, para todos eles.