jueves. 19.06.2025
GALERÍAS

Meritoria actuación do Fluvial Barco en Muiños

Meritoria actuación dos do Fluvial barquense que, pese a non subir ó caixón como equipo si subiu nas categorías nas que participou a algún dos padexeiros. Oitenta deportistas de toda a provincia remaron o domingo 26 de xuño, en Muiños, na segunda regata da competición da liga provincial de Ourense. Escasa participación para o que nos ten acostumados este tipo de competicións, hai que recordar que tamén se celebraron as eleccións e que as obrigas chamaron a algún participante.

Día malo en canto ó meteorolóxico, con frío para o tempo no que estamos e moito aire que provocou ondas moi molestas cando ían ao costado da embarcación, incluso houbo que acurtar o circuíto e achegalo preto da veira do encoro para que non resultase perigoso sobre todo para os mais pequenos.

O Fluvial do Barco acudiu o encoro das Conchas con 18 participantes, que coma xa significamos subiron o podio nas categorías nas que participaron. Así no mais alto estiveron o alevín Raul Prada Pérez, a cadete Noemí Fernández Monteiro, a xuvenil Eva Piay y o senior Borja López.  En segundo lugar quedou a benxamín Paula Paradelo, o alevín Iker García, o infantil Yoel Rodríguez, os cadetes Luis Pomar e  Inés López Vega, a xuvenil Marta Paradelo e o sénior Fernando García Viso. Colgáronse o bronce os alevíns Daniel Rodríguez López,  Marta López Rivera e Javier Fernández Monteiro. Julián Rodríguez León tamén acadou unha merecida terceira posición na categoría veterano.

Por clubes o primeiro posto foi para o Club Piragüismo Fluvial de Allariz, o segundo para o Fluvial de Avión, a terceira plaza acadarona os locais, a S.C. Deportiva Fontefría, o cuarto e quinto posto quedou foi para os do Barco e os de O

Meritoria actuación do Fluvial Barco en Muiños