O Descenso do Miño celebrado o 18 de xuño entre os Peares e o embalse de Velle, subiu de novo a podio ós do Fluvial Barco. Mentres Jesús Rodríguez León acadaba o terceiro posto na categoría k1 absoluta a tan só dous segundos do vencedor da proba, Diego Peña do Kayak Tudense, Miguel Anxo González Carrera, era o mellor k1 veterano.
A proba valedoira para a liga galega de ríos reuniu mais de un millar de padexeiros de todas as categorías. A novidade e acerto, por parte da organización desta cuadraxésima oitava edición, foi a saída do Descenso Popular desde Barra de Miño, que gustou ós deportistas e afeccionados que estiveron na vistosa saída.