lunes. 11.12.2023
A Rúa

«Abertal» festexou os seus 30 anos de historia

O novo traballo, «Co noso acento», non chegou a tempo pero hoxe xa se pode mercar

«Abertal» encheu o Centro Cultural Avenida de A Rúa con motivo de concerto para celebrar o seu 30 aniversario. A data foi escollida para presentar o seu novo traballo, «Co noso acento», un libro CD recopilatorio da historia e temas da agrupación que non poido distribuirse neste día por motivos alleos ao grupo, pois non chegou a tempo. Aínda así, hoxe, venres xa estará a disposición de cantas persoas teñan interese en adquirilo.

Manoel Anxo Durán compartiu co público a triste nova do ingreso da súa filla

A gala, que volveu a amosar o bon facer desta agrupación tradicional non foi a mais leda de todas as que se levan feito para un dos grandes protagonistas do evento, o director da mesma, Manoel Anxo Durán. Visiblemente emocionado, dirixiuse ao público para advertir que unha das súas fillas estaba ingresada no hospital, de xeito que a velada tornouse triste para o creador de Abertal. «Pero está ben», aclarou.

Maribel Campos conduxo a presentación do concerto

Iste sentimento non desluciu este encontro tan especial. Maribel Campos foi a persoa encargada de conducir o 30 aniversario. «A historia estaba escrita», indicou, para dar as gracias ao público, a todos os mestres que pasaron pola Escola Abertal, aos alumnos e alumnas e ao Concello pola colaboración permanente desta grande escola de música. Todos eles axudaron a construir a historia desta agrupación «e a que esté viva».

Durán e Maribel Campos

«Abertal son portas abertas. Poden acudir que queira a aprender, a escoitar», expresou Maribel Campos. Recordou que está integrada por personas non só de A Rúa senón tamén de toda a comarca de Valdeorras e Viana.

Un momento do concerto

Manoel Anxo Durán destacou que o libro CD é un traballo precioso que conta toda a historia da agrupación en 160 páxinas que inclúen temas novos e a recopilación doutros anteriores.

Óscar Guerra e a súa «Pasacorredoira de Arzádegos»

Destacou o tema composto por Óscar Guerra, «Pasacorredoira de Árzadegos», que o autor adicou ao pobo da súa nai.

Montse Rivera e Manolo Cobas

E alí estivo Montse Rivera, membro de «Leilía», que bailou con Manolo Cobas. Tampocou faltou Manuel Olegario con seu acordeón, que interpretando un vals, levantou ao público dos seus asentos para bailar.

Actuación de Manuel Olegario

A noite mais especial de «Abertal», aínda que por mor do tempo non poido disfrutarse en O Aguillón, voltou a conquistar o éxito.

Texto e fotografías: Susana Prieto

«Abertal» festexou os seus 30 anos de historia