Co fin de potenciar o Samaín que está un pouco deslabazado, como nos dicía Margarida Pizcueta, concelleira de cultura do concello do Barco, desde a súa concellaría quixeron darlle un pouquiño de pulo e ocorréuselles facer una xornada completa de medo. Para elo pensouse que a biblioteca sería o lugar idóneo xa que así ía deixar de ser un lugar aburrido onde so se vai a ler e a traballar. Como nos contou Debora Álvarez, a dinamizadora da lingua galega na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco, a idea partiu do libro “Escarlatina, a cociñeira defunta” de Ledicia Costas. Así no lo contaba Débora, “xa sabíamos o que queríamos facer, algo relacionado ca cociña; algo de medo, de fantasmas, de vermes. E sabiamos que queríamos facer contos de medo”. Magarida pola súa banda suliñou, “ queriamos que os nenos non visen a biblioteca como algo aburrido onde so se vai a ler ou a traballar. Pensar que na biblioteca pasan cousas divertidas”.
O certo é que os nenos tempo de aburrirse, non tiveron. A xornada comezou as catro da tarde co obradoiro de cociña “miguiñas uhm que ricas” onde realizaron as receitas do libro de “Escarlatina, a cociñeira defunta”, coma si de Román Casas se tratasen para facer as suás receitas “más asquerosiñas”, entre elas madalenas e galletas de formas terroríficas. De seguido as rapazas de Ana de la Puente maquillaron aos rapaces para a ocasión. Unha vez pintados fixeronse unha foto do photomatón de Javier Brasa para levar como recordo da tarde. Logo, Ledicia Costas presentoulle o seu libro e deron os premios do certame literario. O primeiro premio foi para Diel Moral Castro, pola obra “O colar maldito”. Segundo premio para Hugo Cortizo Domínguez por “Unha mascota de medo”, e o terceiro foi para a Eva González polo relato “Donde está Laura”. Segundo Pizcueta, “os relatos incribles de moito nivel”.
Os premiados elixiunos Ledicia Costa, que estaba abraiada co que se estaba a facer no Barco. Margarida di que a literata lle comentou “eu alucino que no Barco haxa este tipo de animación neste día”
En torno as 20:30 rapaces, pais e monitores recorreron os establecementos comerciais colaboradores, entre xogos, para meterlles un susto a cambio de petiscos. Os establecementos hostaleiros colaboradores foron a Cafetería Veira Sil, Pizzería O Barco, A Maltería, Vinum e Mesón o Buraco.
Na actividade participaron mais de oitenta rapaces de 5º e 6º de primaria dos colexios do Barco. Pero esta celebración xa comezou no mes de setembro cando os alumnos dos centros escolares acudiron a un obradoiro onde coñeceron como se fan os contos de medo, os persoeiros e os autores mais importantes. Segundo Débora, “o oitenta por cento dos rapaces que foron a biblioteca participaron no certame”.
Pero a actividade mais desexada foi a da noite, ver películas de medo e durmir na biblioteca. Segundo debora, “o tema de durmir na biblioteca e moi positivo xa que por un lado foméntase que os nenos sexan independentes xa que van durmir sen a protección dos pais, fora da casa e por outro lado están na biblioteca, no andar de adultos”.
A concelleira Marga Pizcuieta agradeceu a colaboración e axuda dos pais e dos establecementos comerciais.