jueves. 03.10.2024

VÍDEO

O rural vaise á merda!

Na pequena aldea de San Xulián, parroquia da Rúa, viven apenas nove persoas que se revolucionan cada vez que chegan uns veciños aos que lles molesta o gando, o olor que desprende e os excrementos que van deixando por onde pasan.

Manuel García é un dos 5 veciños que vive todo o ano nesta localidade da Rúa, ten 11 vacas, 45 ovellas e 35 cabras ademais de pitas, galos, gatos e cans. O verán pasado xunto co resto de veciños presentou no Concello da Rúa un escrito para que cando veñen os que viven fora todo o ano os deixen tranquilos. Queren facer a súa vida cos seus animais igual co resto do ano.

O curral das ovellas de Manolo está fronte a casa dos «repunantiños» , queixanse de  que «ole moito, que lle dan vómitos e que se poñen malísimas. Que as ovellas  non poden estar aquí, pero é que as ovellas levan aí 200 ou 300 anos porque esa cuadra sempre se dedicou ao mesmo», explica .

Manolo e os seus veciños queren vivir tranquilos igual que o fan o resto do ano e que a presenza dos veciños de tempada se adapten a situación da aldea.

O rural vaise á merda!