viernes. 30.05.2025

«Valdeorras é a berce do godello, onde temos as plantacións máis antigas de toda España»

Joaquín Sánchez valor a vixésima quinta edición da Feira do Viño de Valdeorras destacando o poder do godello
Feira do Viño de Valdeorras na súa XXV edición

O xerente da adega Alan de Val, Joaquín Sánchez, pon en valor a uva de godello valdeorresa nesta XXV Feira do Viño que se celebrou en Viloira. O xerente destaca que é necesario levar estas elaboracións «por eses mundos, dun lado para outro». 

SOMOS COMARCA: Como está indo esta Feira do Viño?

JOAQUÍN SÁNCHEZ: Moi ben, estamos neste vinte e cinco aniversario da Feira do Viño de Valdeorras o quere dicir e que ten historia e futuro. Ademais, cun pregoeiro especial. O cambio de data producía un pouco de incerteza, pero hai moita xente. 

SC: Por que non creemos o potencial do godello?

JS: Eu creo que agora si. Valdeorras é a berce do godello, é onde temos as plantacións máis antigas de toda España e despois ten outra cousa moi diferente, xa que somos 100% uva de godello nas elaboracións.

SC: Este vai ser o primeiro ano no que non se vai ter ese premio da Feira do Viño. Que lle parece?

JS: Non estaba moi informado disto, pero a verdade e que era unha das cousas típicas da Feira do Viño. O que gana estaba máis contento e o que perde menos, pero creo que era importante, non solo polas propias adegas. Reunía unha serie de catadores e dábaselle proxección os viños de Valdeorras. 

Necesitamos que o que nos pensamos, que o godello é de Valdeorras, o leven por eses mundos dun lado para outro.

SC: Agora vamos falar das referencias de Alan de Val. Viñeron todas a feira ou hai esgotadas?

JS: Están practicamente todas na feira. Nós temos unha vocación, vimos do mundo do viveiro, de variantes. Temos mencía, recuperamos a garnacha tintoreira e, aínda que non sexa autóctona, xa a consideramos nacionalizada en Valdeorras. Non nos podemos esquecer das castes nobres de Galicia e de Valdeorras que son o brancellao, sousón e caíño. Para min estas tres van ser as variedades dos futuros tintos de Galicia. 

SC: Houbo un tempo que a garnacha desprezouse e era mellor o mencía, agora está volvendo. 

JS: Vai por modas e por coñecemento. Eu nas visitas que fago as adegas sempre digo: "Cando hai coñecemento, hai progreso". A garnacha é unha variedade moi asentada entre nós, ben elaborada está dando uns resultados excepcionais. Temos dúas garnachas e a verdade que nas catas que fago teñen un bo éxito. Nesa elaboración tense moito coidado e na elección do viñedo do que procede. Isto é moi importante en todas as variedades, pero na garnacha igual un pouco máis. 

SC: Para rematar, en que estado se atopan os viñedos?

JS: Houbo que estar o "loro" co tema do mildeo. Aquí un dos problemas é o tema da humidade e a temperatura. A verdade é que se prevé unha boa colleita, probablemente, adiantada. 

«Valdeorras é a berce do godello, onde temos as plantacións máis antigas de toda España»