
Un total de 15 persoas participou no último curso de cata organizado pola Ruta do Viño de Valdeorras a pasada fin de semana do 22 e 23 de xuño. O Hotel A Calzada, de Vilamartín, acolleu o curso impartido por Jorge Mazaira, director técnico do Consello Regulador.
Nel amosáronse as características dos viños envellecidos e ademais puideron catar máis de 20 referencias dos viños das adegas adheridas á Ruta. Os asistentes descubriron a potencialidade do envellecemento dos viños da comarca.

As adegas presentes na cata foron: Quinta da Peza, Joaquín Rebolledo, D´Berna, Pago de los Capellanes, Sampayolo, Bioca, Adega da Pinguela, Quinta da Peza, Terriña, O Cepado, Virgen del Galir, Santa Marta, Godeval, A Coroa, Roandi, O Casal, Alán de Val e Melillas.
Por outra banda, os asistentes realizaron unha ruta polo Parque Natural Serra da Enciña da Lastra acompañados do guía do parque. O evento rematou cunha cata e unha comida na Pontevella (Sobradelo).