sábado. 31.05.2025

Manuel Pardo: «Valdeorras é un referente na cultura do viño»

O delegado da Xunta en Ourense puxo o acento nos viños recalcando a contorna natural na que medran as vides, as técnicas tradicionais e a innovación das adegas no discurso inaugural da Feira do Viño de Valdeorras 
somoscomarca_240601_obarco_feiradoviño_n873
Manuel Pardo,: «Valdeorras é un referente na cultura  do viño».

O delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, coñecedor do mundo do viño desde neno, «fun testemuña da cultura do viño», salientou a importancia de conxugar tradición e modernización no sector vitivinícola para afianzar a poboación no rural. «Hai que manter a esencia da forma tradicional do traballo nas viñas pero ir profundando na modernización xa que a industrialización, a calidade, a exportación xera riqueza que fomenta que a xente que de no seu ámbito de nacemento», destacou.

somoscomarca_240601_obarco_feiradoviño_n876
No brinde co que deu comezo a feira

Outro xeito de atraer á xente nova e o arraigamento e promover o turismo sobre todo o enolóxico, «un elemento de beleza paisaxística que nos axuda a loitar contra o lume». «Valdeorras ten moito que ofrecer en canto a paisaxe, patrimonio tradición cultura  e viño», recalcou.

somoscomarca_240601_obarco_feiradoviño_n922
Ao carón do pregoeiro na caseta de Godeval

Louvou o traballo do Consello Regulador tanto polo «extenso programa» da feira que segundo as súas propias palabras «non só pon atención no viño», se non que «recalca a contorna natural na que medran as vides, as técnicas tradicionais xunto coa a innovación das adegas».

Asemade, recoñeceulle a intensa actividade e o compromiso na dinamización do rural, así como a posta en valor das castes autóctonas, sobre todo o godello «co cal trunfa en toda España e no ámbito internacional». «Un elemento de orgullo para todos nos», insistiu.

somoscomarca_20240601_viloira_inauguracion_feiradoviño (19)
Durante a intervención no acto protocolario

Salientou a oportunidade que o Plan de Sustentabilidade Turística de Valdeorras ao redor do viño suporá para impulsar turísticamente este destino. Como dixo, esta folla de ruta dotada con 1,5M€ e incluída no Plan Territorial de Sustentabilidade Turística Enogastronomía de Galicia deseñado pola Xunta con fondos europeos, será unha ferramenta clave para a comarca nos vindeiros anos. Así o manifestou no transcurso da inauguración da Feira do Viño de Valdeorras, onde estivo acompañado pola directora- xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez.

Baixo o lema ‘Ruta do Viño Milenaria’, o delegado da Xunta salientou a inclusión de medidas e ferramentas de dixitalización capaces de impulsar a ruta do viño na comarca, o turismo industrial, ou a rede de miradoiros en puntos de interese paisaxístico e patrimonial, entre outras. Manuel Pardo falou, ademais, da potencialidade do rural de Galicia, “onde o enoturismo se presenta como elemento fundamental para dalo a coñecer pero tamén como un elemento singular da nosa oferta turística”.

somoscomarca_20240601_viloira_inauguracion_feiradoviño (12)
Co alcalde do Barco, o pregoeiro e o presidente da Deputación

Durante a súa intervención, o delegado en Ourense afirmou que «Galicia gusta», tal e como demostra o feito de que o pasado ano recibise máis de 7 millóns de turistas e que no que vai de cuadrimestre, xa visitaron a Comunidade máis de 1 millón de persoas deixando os mellores niveis de rendibilidade hoteleira desde que hai rexistros.

Referíndose a Feira do Viño de Valdeorras, subliñou que se celebra «nun territorio que ten moito que ofrecer en canto a paisaxe, patrimonio, cultura, tradición e por suposto, cunha estupenda gastronomía na que o viño ten un lugar moi destacado».

somoscomarca_20240601_viloira_inauguracion_feiradoviño (8)
Falando cun grupo que se acercou de que se fixera a lectura do pregón

Neste sentido, tivo palabras de agradecemento para o Consello Regulador da Denominación de Orixe de Valdeorras que o completo programa da Feira, «non só pon o acento nos viños producidos nesta produtiva zona, senón que tamén recalca a importancia da contorna natural na que medran as vides; as técnicas tradicionais de produción combinadas coa aposta pola innovación das adegas», sen esquecer o valor das xentes que transmiten unha cultura baseada no viño.

Intervención completa do delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, no acto inaugural da Feira do Viño de Valdeorras:

Manuel Pardo: «Valdeorras é un referente na cultura do viño»