
O presidente provincial, Luis Menor, participou na inauguración da 25ª Feira do Viño de Valdeorras, onde subliñou que: «O Consello Regulador da Denominación de Orixe fai un traballo serio e rigoroso que se vislumbra ben nesta feira. Sen ese esforzo, non habería este éxito».

Menor felicitou ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras polo seu labor, «un traballo serio e rigoroso que se vislumbra ben nesta feira. Sen ese esforzo, non habería este éxito», dixo.

Do mesmo xeito, lembrou que a Deputación sempre mantivo e continúa a manter unha cooperación activa con este organismo: «Sempre tivemos e teremos claro que o apoio ao sector do viño é primordial».

Neste senso, sinalou que o sector vitivinícola «é un valor engadido a este territorio que temos a obriga e o pracer de impulsar, axudar e promover con cantas accións se nos requiran».

No seu descurso, lembrou a colaboración que a Deputación prestou para a nova sede deste organismo, así como a segunda fase desta mellora que na última modificación de crédito da institución provincial consignou 100.000 euros para este fin. «Sempre estaremos ao carón de todas as iniciativas que beneficien e potencian o noso territorio», recalcou Luis Menor.

Logo do acto inaugural un percorrido polo recinto feiral, onde ademais de catar os viños de Valdeorras, mantivo conversa animada con visitantes e adegueiros presentes a esas horas no lugar.

No seguinte vídeo poderás reproducir o descurso do presidente da Deputación de Ourense, no acto inaugural: