Luis Menor: «Sempre teremos claro que o apoio ao sector do viño é primordial»

somoscomarca_240601_obarco_feiradoviño_n875
O presidente da Deputación de Ourense asistiu o acto de apertura da Feira do Viño onde se comprometeu a garantir o apoio do organismo que preside á Denominación de Orixe de Valdeorras

O presidente provincial, Luis Menor, participou na inauguración da 25ª Feira do Viño de Valdeorras, onde subliñou que: «O Consello Regulador da Denominación de Orixe fai un traballo serio e rigoroso que se vislumbra ben nesta feira. Sen ese esforzo, non habería este éxito». 

somoscomarca_240601_obarco_feiradoviño_n871

Menor felicitou ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras polo seu labor, «un traballo serio e rigoroso que se vislumbra ben nesta feira. Sen ese esforzo, non habería este éxito», dixo.

Nun momento da súa intervención

Do mesmo xeito, lembrou que a Deputación sempre mantivo e continúa a manter unha cooperación activa con este organismo: «Sempre tivemos e teremos claro que o apoio ao sector do viño é primordial».

O presidente brindando con Aurentino Alonso deputado do grupo socialista na Deputación

Neste senso, sinalou que o sector vitivinícola «é un valor engadido a este territorio que temos a obriga e o pracer de impulsar, axudar e promover con cantas accións se nos requiran». 

Luis Menor no centro da imaxe

No seu descurso, lembrou a colaboración que a Deputación prestou para a nova sede deste organismo, así como a segunda fase desta mellora que na última modificación de crédito da institución provincial consignou 100.000 euros para este fin. «Sempre estaremos ao carón de todas as iniciativas que beneficien e potencian o noso territorio», recalcou Luis Menor. 

En el stand de Roandi

Logo do acto inaugural un percorrido polo recinto feiral, onde ademais de catar os viños de Valdeorras, mantivo conversa animada con visitantes e adegueiros presentes a esas horas no lugar.

Un brinde co alcalde do Barco e o presidente da D.O.

No seguinte vídeo poderás reproducir o descurso do presidente da Deputación de Ourense, no acto inaugural: