jueves. 05.06.2025

O documental "As Covas de Valdeorras" recala en Santiago e en Ourense

Na peza aparecen máis de 20 voces relacionadas con este mundo. Dende coveiros que foron «atracados a mano armada» na súa propia cova, até adegueiros, enólogos ou guías turísticos

somoscomarca_arua_covasdevaldeorras_presentaciondocumental_cristinadelatorre_20231186 (11)
O documental "As Covas de Valdeorras" recala en Santiago e en Madrid.

O documental "As Covas de Valdeorras" —realizado por Cristina de la Torre— segue proxectándose fóra da comarca dende a Ruta do Viño. Onte xoves día 27 puido verse en Santiago no cinema NUMAX ás 19:30 horas.

Estivo presente en Compostela o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, quen se referiu ás covas como un recurso turístico «de primeira orde e enormemente poderoso para desestacionalizar o turismo». Ademais eloxiou a produción e puxo en valor o feito de que se centre nuns «espazos tradicionais que conceden identidade e carácter diferenciador á proposta enoturística de Galicia». 

Merelles_covas

O percorrido do documental continúa o vindeiro xoves 4 de xullo no Liceo de Ourense ás 20:00 horas. A entrada é de balde pero recoméndase reservar praza no correo info@rutadelvinovaldeorras.com. 

A través deste documental preténdese facer memoria e dar a coñocer a historia das covas, uso e tipos, recopilando nesta peza audiovisual o patrimonio material e inmaterial de Valdeorras, ademais de amosar o seu potencial turístico apelando ó seu carácter único e diferenciador

O documental "As Covas de Valdeorras" recala en Santiago e en Ourense