jueves. 18.04.2024

Polo municipio pasa unha das rutas da Vía da Prata do Camiño de Santiago

O Concello de Vilariño de Conso amañará o tramo do Camiño de Santiago que pasa polo seu municipio nas próximas semanas, esto será posible grazas a incorporación de traballadores co inicio dun novo obradoiro de emprego.

As actuacións faránse en conxunto cos concellos da Gudiña e Riós e nas mesmas realizarán labores de reforestación e prantación de árbores autóctonos «atravesamos épocas difíciles pero virán tempos mellores, polo que temos que ser positivos».

Polo municipio pasa actualmente un tramo da Vía da Prata do Camiño, que vai dende Sevilla ata Santiago de Compostela, se ben a alcaldesa subliña que o mesmo non chega a pasar polo centro da localidade, sí e certo que os tramos que discorren polo concello tratan de mantelos en óptimas condicións para os peregrinos que o recorran nas vísperas do Ano Santo Xacobeo que será no vindeiro 2021.

Vilariño de Conso arranxará un tramo do Camiño de Santiago