viernes. 19.08.2022

Ata 2 millóns de euros de sanción polo baleirado descontrolado dos encoros

Estas sanción serían as máximas contemplando a Lei de patrimonio natural de Galicia. Os embalses do Cenza e As Portas, foron 2 dos encoros afectados en Ourense 

A Xunta de Galicia anunciou a pasada fin de semana que se ía a incoar un expediente de sanción a Confederación Hidrográfica Miño-Sil. A afección ao funcionamento normal dos ecosistemas polo baleirado dos encoros pode conlevar sancións de ata 2 millóns de euros en base á Lei de patrimonio natural de Galicia. 

Deste xeito, na instrución dos expedientes sancionadores incoados nos últimos días polo baleirado dos encoros de Cenza, As Portas, Salas e Belesar, o persoal instrutor procederá á petición dos informes técnicos correspondentes, aos efectos de determinar as posibles alteracións ao funcionamento destes ecosistemas.

No caso de que se observaran estas alteracións, estaríamos ante unha infracción tipificada na Lei de patrimonio de natural que podería sancionarse con ata 2 millóns de euros, ao poder considerarse como moi grave. 

Así, as actuacións irresponsables nos devanditos encoros, por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e das empresas concesionarias, poderían provocar que as poboacións piscícolas que se atopan en equilibrio nun hábitat dun tamaño pasen a atoparse confinadas nun espazo moito máis reducido.

Estas novas condicións provocan unha competencia intraespecífica e, en consecuencia, unicamente poden sobrevivir os individuos máis fortes ou aquelas que mellor se adapten ás condicións de estrés ambiental. Así mesmo, a acumulación de peixes en espazos reducidos tamén facilita un mellor acceso para os depredadores.

 

A mortalidade directa de peixes é outra posible consecuencia dos cambios na calidade das augas, posto que o osíxeno disolto en auga resulta insuficiente para a respiración de toda a biomasa piscícola que se acumula, chegando a niveis de anoxia.

Outro efecto constado do baleirado é a formación de pozas nas que os peixes quedan illados da masa principal de auga. Tendo en conta a acumulación de peixes –e os seus efectos- e que son áreas que secan en pouco tempo, a mortalidade de peixes nas mesmas é evidente e probable.

Cómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente incoou o pasado venres expedientes sancionadores contra a CHMS e as concesionarias conforme ao artigo 73.1 ah) da Lei 2/2021, do 8 de xaneiro de pesca continental de Galicia en base ao artigo 83 do Regulamento de pesca, por non realizarse ningunha notificación formal desde o órgano competente en materia de aproveitamentos hidráulicos e sen que se fixasen, polo tanto, as medidas preventivas oportunas ao fin de evitar a perda de biodiversidade.

Ata 2 millóns de euros de sanción polo baleirado descontrolado dos encoros