jueves. 29.02.2024
somoscomarca_vilamartin_concello_navidad_2021
Vilamartín suspende todas as actividades do Nadal por mor da covid

O incremento de casos activos en Vilamartín fai que o Concello tome a decisión de suspender todas as actividades previstas para estas datas de Nadal. Desde onte case que se duplicou o número de persoas que están infectadas pola covid. Son 11 casos máis, o que supón un  24 contaxiados no cómputo total.

Por tanto mañá non haberá mercadiño de segunda man e o Vilanadal que estaba previsto comezar para a semana próxima tamén se suspende.

Somos Comarca recibiu o seguinte comunicado desde o Concello: «Vistos os últimos datos da covid-19 e co aumento de 11 casos activos nas últimas 24 horas, agora sumando un total de 24 casos activos. Desde o grupo de goberno decidimos suspender a partir de mañá todas as actividades previstas. Por tanto quedan suspendidos o mercadillo de mañá e o  Vilanadal que tiña previsto empezar a próxima semana. As familias que teñan nenos anotados ao Vilanadal que se poñan en contacto co  concello o luns para o reembolso da taxa».

Ademais engaden, «É tempo de priorizar na saúde de todos. Desexamos pronta recuperación a todos os afectados, e un bo nadal con #sentidiño».

Vilamartín suspende todas as actividades do Nadal por mor da covid