Vilamartín convoca un concurso de postais navideñas
Dende hoxe ata o vindeiro día 20 poderáse participar no concurso de postais navideñas
O Concello de Vilamartín ven de anunciar o inicio do prazo para participar no concurso de postais navideñas. Os que o desexen deberán enviar as súas postais e mandala por mensaxe privada ata o vindeiro 20 de decembro.
Ese día publicaránse as fotos das mesmas na páxina oficial de Facebook do consistorio, e ata o día 23 faránse unhas votacións para elexir a gañadora. Para elo a postal que máis "Me Gusta" obteña será a vencedora.
O premio consistirá en ser a portada no perfil do municipio durante todo o Nadal, ver como a postal será empregada no saúdo do alcalde Enrique Álvarez Barreiro para o vindeiro 2021 e tamén haberá un pequeno detalle, que consistirá nun lote de productos típicos destas datas e un libro que variará en función da idade do vencedor.
Así mesmo na porta do consistorio instalouse un buzón para que os máis pequenos podan enviarlle os seus desexos tanto para Papá Noel o Apalpador como os Reis Magos, nun ano no que non se celebrará VilaNadal debido aos efectos da pandemia provocada polo Covid-19, pero dende o conncello aseguran que haberá actividades para non esquecer estas datas tan especiais que se darán a coñecer nos próximos días.