viernes. 19.04.2024

A sensibilización da poboación sobre a importancia da igualdade obxectivo do taller desenrolado no Centro Vía Nova da localidade

O «Taller de igualdade e prevención da violencia de xénero para persoas adultas» celebrado esta tarde no Centro Vía Nova de Vilamartín  foi unha actividade participativa e dinámica na que os asistentes interviron, expuxeron as súas opinións e sensibilizáronse sobre a importancia da igualdade. Ao traveso de xogos reflexionaron sobre esta lacra da sociedade que é a violencia de xénero.

Asistentes ao taller e docente tamén se atopaba o alcalde, Enrique Álvarez

Contou co presenza de 40 persoas principalmente do concello de Vilamartín pero tamén doutras partes da comarca.



A consideración na que se baseou a charla e posteriores intervencións, foi a educación na igualdade.  Fíxose referencia o que cada un pode mellorar para conquerir a devandita igualdade, cales son os xestos cotiáns que levan a avanzar cara esa meta.



Hora e media de taller cun descanso para tomar un café e unhas galletas e falar do acontecido comentando ou dito durante ese tempo. Logo volta a seguir desgreñando de forma divertida o xeito de conquerir o obxectivo, a igualdade.

Pablo Deramond, un dos organizadores na hora do café

O taller baseouse na participación de todas e todos e a vez aportáronse todas as ferramentas necesarias para avaliar como facer cada día para loitar por unha sociedade igualitaria.



 Pola mañá este taller desenrolouse no colexio Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín para que o alumnado tamén se implicara. Segundo os organizadores e moi importante que desde a infancia se empece a concienciar sobre este problema.

Un grupo de participantes

Mais de 40 persoas asisten ao 'Taller de igualdade' celebrado en Vilamartín