viernes. 30.05.2025

Seijo: «Necesítanse abellas fortes para defenderse da velutina»

A problemática da velutina, a actitude e solucións a tomar foron o asunto principal da charla que José María Seijo ofreceu aos apicultores de Valdeorras no centro social santa Lucía de Vilamartín organizada pola Asociación Valdeorresa de Apicultores
somoscomarca_202331007_vilamartin_apicultores_charla_velutina_josemanuelseijo_armandorodriguezlosada (3)
Seijo: «Necesítanse abellas fortes para defenderse da velutina»

José María Seijo impartiu unha charla aos apicultores no Centro Social Santa Lucía de Vilamartín, onde ademais de analizar a problemática do sector coa vespa velutina tamén aportou solucións que pasan por ensinar ás abellas que se defendan do insecto invasor. A actividade foi organizada pola Asociación Valdeorresa de Apicultores.

«Veu para quedarse» e como os apicultores e a administración non lle poñan remedio cada vez haberá menos colmeas porque a «velutina aprende de presa». Se a colmea está san e as condicións son óptimas e a abella é xoven e san o problema teno a velutina non abella.

somoscomarca_202331007_vilamartin_apicultores_charla_velutina_josemanuelseijo_armandorodriguezlosada (5)
Armando, Esta actividade, da Asociación Valdeorresa de Apicultores, presentado o acto

Seijo foi analizando a situación do momento e a cousa non pinta ben. Por unha banda está a administración que se implica pouco ou nada, «a administración tense que poñer seria sobre iso de dar limosnas aos apicultores».

somoscomarca_20231007_vilamartin_velutina_charla (3)
Asistentes á charla en Vilamartín

Entende que os apicultores poden facer trampeo, destruír niños pero mentres non se tomen medidas desde as administracións públicas o problema non se vai solucionar e a velutina seguirá medrando. Ademais afirma que no interior de Galicia é «peor que na costa».

somoscomarca_202331007_vilamartin_apicultores_charla_velutina_josemanuelseijo_armandorodriguezlosada (2)
Trampeos amosados na charla

Os métodos que se están a utilizar para eliminala tampouco son os mellores. O trampeo solo elimina un 20% ou 30% das raíñas que hai no niño, «dun niño de 300 raíñas como moito colleremos 60». E, ademais «teno que facer a administración, porque hai que facer un seguimento e control, no a lo loco».

Outro inconveniente é que «os apicultores somos moi individualistas» e mantén que hai que «porse de acordo para destruír os niños e cando hai un, tense que desfacer».  Non vale mirar a outro lado porque o problema non se resolve só, e tampouco ser egoísta.

somoscomarca_202331007_vilamartin_apicultores_charla_velutina_josemanuelseijo_armandorodriguezlosada (4)
Nun momento da grabación da charla de José María Seijo

O estado das colmeas é moi importante e a actitude dos apicultores tamén. Cada quen vai por libre segundo o propio Seijo e isto non é bo «a velutina viunos a dicir que si facemos un núcleo nun momento no que a velutina xa empeza a atacar non se vai fecundar á raíña de todas as que criamos. E por outro lado temos á Barroa que ata agora non era moito problema porque despois de quitar o mel, se viamos moitas abellas sen ás era cando viamos o problema. E, como non había velutina as poucas abellas que quedaban ían aumentando e cando chegaba o mes de novembro tiñamos unha colmea, máis ou menos ben. Agora non, agora unha colmea que comeza a diminuír vaise ao garete».

somoscomarca_20231007_vilamartin_velutina_nidovelutina_charla (2)
Niño de velutina

 

Continuou: «Cando quitamos o mel non nos preocupamos de que reservas teñen ou que abellas hai aí. Si as abellas da colmea están débiles, si cando vamos a quitar o mel na cámara de cría non hai  nada —hai moita cría pero non hai alimento—. Cando vemos que por fora temos as abellas facendo barba pensamos ‘que cantidade de abellas teño!’ E, non teño nada, teño unha cantidade de abellas anciás e iso é non ter nada,  Non serven para criar abellas novas porque non producen jalea real boa, polo tanto as deficiencias desas abellas repercute no colmear».

somoscomarca_20231007_vilamartin_velutina_charla (1)
Tipos de abellas e vespas mostrado nunha das imaxes

«Cando empeza a diminuír a poboación de abellas e cando empezamos a atendela e aí xa non hai remedio», subliña. «É un problema que temos e vámolo seguir tendo ata que a administración consiga algo. Dan cartos para repartir e iso non serve para nada», recalca respecto a administración.

A climatoloxía e o quentamento global, tampouco axuda. Como di Seijas se «Vai incrementándose dunha maneira terrible e dependendo da climatoloxía pode ser peor este aumento».

somoscomarca_20231007_vilamartin_velutina_charla (2)
Diferenza entre un niño de velutina e un de cabro

«O que temos que facer os apicultores e ensinar ás abellas que se defendan da velutina. Primeiro tela ben alimentada e sen enfermidades. Facerlle un sistema de entrada na colmea para que as abellas se protexan. Unha abella que ven do campo e aterriza e hai unha bola de abellas pode entrar a toda velocidade e non se estrela. Pero se nos temos un buraquiño pequeniño e aí non hai abellas frea e vai estar unha velutina que a vai pillar. Se está forte acanea e escapa, pero se está débil non hai nada que salvación», recalcou.

No seguinte vídeo atoparas a primeira parte da charla de José Manuel Seijo:

 

Seijo: «Necesítanse abellas fortes para defenderse da velutina»