
José Fernández dirixe a sección de arqueoloxía do Instituto de Estudios Valdeorreses pero en Valdeorras tamén é coñecido pola súa afección aos minerais e polos animais, como puido comprobarse fai uns días. Esta mañá, axudou nas labores de rescate dun aguia que quedara atrapada e en mal estado, nunha árbore situada no encoro de Santiago, en Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras).
"Chegara dunha viaxe que fixen, naquel intre non vira o móbil e me enterara do que pasara. Chegou un grupo de Protección Civil e díxome que andaba un aguia pola zona do campo de fútbol e que chamaran a Garda Civil pero que non a daban collido".
Despois de varios intentos dos equipos de emerxencias, sen éxito, José Fernández, máis coñecido como Pepe do Cañete ou como Pepe das Pedras, decidiu achegarse ata ao encoro. Ahí xa "vin a aguia, que estaba enriba dun salgueiro, a uns dez ou quince metros por enriba da auga, metinme na auga pola orilla, subido a un tronco e agarrado a unha rama, cheguei ata onde estaba e collina".

Nada máis collela, unha das primeiras cousas que lle chamou a atención era o estado no que se atopaba. "Estaba espabilada pero vin que estaba bastante decaída e notei que estaba desnutrida, non tiña o peso que tiña que ter". O ave non presentaba feridas ni rastros de disparos nin signos de terse golpeado. Iso levouno a pensar que "ó mellor era un exemplar que estaba de migración e que quedou exhausto".
Segundo explica, esta é a época dos "voos nupciais", emparellamentos e de crías e de preparación dos niños e poido ser que de tanto chamar a atención da femia chocara contra uns cables.
Por ise motivo, rematado ao rescate, púxose en contacto co Centro de Recuperación de Fauna do Rodicio e falou con traballadores de Xurés aínda que ao final optaron porque se quedase con el. Hoxe deulle de comer un coello, dos que garda no conxelador e cos que o obsequian algúns amigos, e mañá cree que xa estará lista para deixala marchar,
Máis pequena que outros exemplares, este ave "mide 1,20 ou 1,30 de envergadura". O obxectivo agora, unha vez recuperada, é soltala. "Dinlle de comer e xa está mellor, hai varios niños por esta zona e pode ir ahí", conclúe.
A colonia de Garza Real
Preto de onde se atopou esta aguia ratonera hai unha colonia de Garza Real que cando caeo a comporta e se vaciou o encoro pensábase que ía a sufrir unha situación de estrés, pero como conta Pepe non foi así. «Tivemos moita sorte polo civismo da xentemoitos pescadores que estaban pola zona pescaban 100 metros máis abaixo e se querían facer fotos faciano sen meterse debaixo dos niños», asegura.
Se queres escoitar a conversa mantida con Pepe Fernández, dálle a seguinte ligazón:
Fotos da páxina de Facebook do Concello de Vilamartín