
5 de agosto de 2022, 19:41
A Asociación de Coveiros de Vilamartín decidiu cambiar a «guerra das fontes», por un escorregadoiro onde, aínda que había auga, non foi en moita cantidade. Ademais a auga tróuxose nun camión bomba desde o encoro.

Os rapaces que participaron estiveron fresquiños nunha praza na que o calor apretaba. Había que darlle un pouco de diversión aos máis pequenos sin malgastar o líquido elemento.

Comezaban así os prolegómenos da Festa das Covas que continuaran nesta xornada co pregón a cargo da coveira Silvia Rodríguez a partoir das 20:30 e logo a festa da Pequena.
Se queres escoitar a conversa que mantivemos con un membro da Asiciación de Coveiros, Vicente Frrer, dálle a seguinte ligazón e así enteraraste de todo o programa da Festa das Covas: