jueves. 18.04.2024

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de 24 hectáreas

A

Consellería do Medio Rural informa que quedou controlado o lume do concello ourensán

de Vilamartín de Valdeorras, parroquia de San Vicente de Leira.  

O incendio comezou

ás 14,15 h. deste sábado e deuse por controlado ás 20,24 h. Segundo novas estimacións,

afecta unha superficie provisional de 24 hectáreas. Esta medición é provisional

ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control levan

traballado 2 axentes, 8 brigadas, 4 motobombas e 6 helicópteros.



A Consellería do Medio Rural lembra que está a

disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e

gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se

teña sospeita ou coñecemento: 900 815

085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais

poderá ser consultada na conta aberta de twitter:

@incendios085.

Controlado o incendio de San Vicente de Leira (Vilamartín)