
Hai apenas un mes comezaban as obras en Penouta, Vilamartín. O martes 16 de abril dábanse por finalizadas esas melloras na primeira fase de canalización e rúas da zona.
Comezan as obras da primeira fase da rúa central de Penouta (Vilamartín)
Dende o Concello de Vilamartín seguen traballando en todos os pobos que é posible, nesta ocasión tocoulle a quenda a rúa central de Penouta. «Non hai cartos para tanto, pero polo menos para ir empezando estes traballos que estábamos comprometidos en todos os pobos, polo menos o que son as rúas centrais», asegura o Enrique Álvarez, alcalde de Vilamartín de Valdeorras.
O que tamén se está a facer é soterrar as tubaxes para que nun futuro se podan meter as liñas, tanto de telefonía como de electricidade. «Este traballo ten que quedar feito unha vez que se levantan as rúas e se meten todas as infraestruturas, que tamén son as canalizacións de auga», asegura Álvarez.
Por outra banda, están as «canalizacións de augas residuais e todas as acometidas de auga de uso doméstico». É un traballo, segundo explica o alcalde, «bastante dificultoso porque, como sabemos, todos os pobos teñen as rúas moi estreitas» e invádese a súa totalidade para poder acometer as mellores.
«Cos cartos que temos sempre se poden facer avances de poucos metros», di. De feito, a de Penouta é «unha subvención de 48.000 € e permítenos actuar nunha zona aproximada duns 200 metros. Isto é moi pouco para o que realmente nos gustaría», explica.
A pesar de todo o labor dificultoso que se está levando a cabo, o alcalde cre firmemente que «é mellor facelo así neste sentido. Tamén seguir soterrando todas as liñas e todas as infraestruturas, pensando que de cara ao futuro resultará moito máis entendible». Porque a outra opción sería facelo da maneira sinxela e «lavarlle a cara cunha capa de formigón e deixalo xa».
As obras que se están a levar a cabo en Penouta, e ca «velocidade a que están traballando, penso que nun mes ou un pouco máis teñan acabada a obra». Despois de rematar esta primeira fase, faranse dúas máis, «para rematar a rúa principal e a praza do pobo», explica. Aínda que están na mente do alcalde, «dubido que as consigamos facer neste ano, porque xa temos comprometidos todos os cartos do presuposto para outros pobos».
Esta é solo unha das obras que se están a facer no Concello, se queres escoitalas todas —tamén outras que se teñen feito en Penouta—, podes escoitar a Enrique Álvarez aquí: