A parroquia de Arcos, en Vilamartín de Valdeorras tamén se encheu de luz neste tempo de Nadal. O máis significativo é a cegoña que luce ao carón das letras iluminadas que dan nome a este pobo e que foron inauguradas cunha gran festa.
A Cegoña, emblema desta poboación de Vlamartín, foi obra da Asociación de Coveiros de Arcos quen agasalloulla aos veciños para que se contemplase desde a estrada N-120, ao igual que ás árbores de nadal e moitos outros adornos de luz. Ademais coma di Carlos López «este ano a cigüeña xa chegou hai uns días. Debeo ser para verse».

Outros adornos que se poden ver son unha árbore feita con taboleiro, por onde vai o Camiño de Inverno, con mensaxes propios destas datas: Paz, amor, forza, tolerancia.... Tamén ao pé da cegoña hai uns cervos pequenos de madeira que neste caso foron feitos por unha berciana, por Yoli.

somoscomarca_arcos_navidad_nadal_2022 (6)
Os veciños de arcos colaboraron ao igual que o Concello de Vilamartín, quen aportou unha cantdade económica para mercar as luces.

Subida do nacemento ao Montouto
En Arcos, ademais da asociación de coveiros e mulleres rurais hai unha de «andarines» que foron os que colocaron o nacemento no Montouto, un pico preto do Robledo (Vilamartín de Valdeorras) situado a 1541 metros.

Este pico preto do límite coas Provincias de León e Lugo é un dos lugares aos que os os andaríns de Arcos con Carlos López á cabeza van varias veces ao ano chova, neve ou faga un sol de xustiza.

Este ano a ruta para levar o nacemento ao seu destino tardouse pouco máis de tres horas en facer os 14,42 quilómetros que separan esta cima do lugar de Arcos