viernes. 29.03.2024
Somoscomarca_vilamartin_casas_ruinas_2018

O alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez Barreiro recoñecía aos micros de Radio Valdeorras Onda Cero que as casas en ruínas y a maleza ao redor dos pobos son un rompedeiro de cabeza para a maior parte dos concellos e o de Vilamartín non era unha excepción.

A despoboación do rural, a multitude de herdeiros do patrimonio e a falta de axudas por parte das administracións fai que o abandono das vivendas estea a xerar un verdadeiro problema para os concellos. Barreiro aseguraba que son centos de vivendas en ruínas as que ten o concello, entre 10 ou 20 en cada pobo. Esta situación empeora nos pobos da parte alta, San Vicente, Cernego, O Robledo ou Correxais, aseguraba o alcalde. «O rural está desaparecendo, pasa o tempo, entran uns políticos e saen outros, éncheselles a boca, pero ao final eu moi mal vexo o tema. A xente márchase dos pobos e non teñen moita gaña de volver porque desde os concellos somos incapaces de dedicar contías importantes para recuperar iso, e desde as administracións que teñen cartos prefiren gastalos en autovías ou obras que sexan máis vistosas e máis rendibles, políticamente falando».

Outro atranco é o número de herdeiros das fincas, xa que nalgúns casos as propiedades pertencen a máis de vinte persoas, dentro das que se atopan ata segundas e terceiras xeracións —netos e bisnetos— co cal, non hai a quen reclamar. Así o explicaba Barreiro no programa de Radio Valdeorras: «As casas quedaron divididas en moitas partes, xa que había moitos fillos, e uns polos outros a casa sen barrer. Desde o concello non vemos como botarlle man. Ninguén é responsable, nalgúns casos os herdeiros como tales non están definidos e ao veciño que vive pegado ou cerca dunha casa en ruínas non lle gusta tampouco a situación».

A solución non é fácil asegura Barreiro, «cando son dous ou tres vamos conseguindo que razoen y arraxen ou derriben esas vivendas, pero cando pasan de 10 ninguén se fai responsable. En ningún sitio se di quen é o herdeiro».

A información e concienciación son medidas tomadas polo Concello, en canto a este tema e tamén, no da limpeza das franxas de protección contra incendios. «Non temos cartos suficientes para atallar o problema porque son centos as vivendas que están nesta situación».

As casas en ruínas e a maleza preocupan ao Concello de Vilamartín