
Do 19 ao 23 de
abril Vilamartín celebra as súas festas patronais na hora de San Xurxo
Cunha programación pensada para os máis pequenos comezan hoxe as FEstas de San Jorge en Vilamartín. De 17:30 a 19:30 horas os nenos que se acheguen a praza de José Luís núñez poderán xogar no parque infantil situado na carpa. Na mesma praza a partir das 23:00 horas unha discoteca móbil porá a música da verbena.
O sábado, 20 de abril, a partir das 18:30 horas espectáculo de humor e maxia na praza de José Luís Núñez, para todos os públicos. As 21:30 horas será a orquestra Claxxon a encargada de por o son e a música aos vilamartineses e a todos que se acheguen ó municipio. Pola noite, de novo, unha discoteca móbil amenizará a verbena.
O domingo, primeira das misas na honra do santo. Será as 13:00 horas, antes, a concentración de coches clásicos organizada en Larouco estarán expostos na praza, mentres os seus ocupantes toman o vermú. Este día haberá tempo para o teatro no Centro Social Santa Lucia, o grupo Teatro Ruada será o encargado da representación.
Pola tarde a orquestra Marbella presentará o espectáculo co que están a celebrar o seu 20 aniversario. Luz e son a partir das 20:00 horas con Marbella Lights Show.
Luns véspera de celebración e día de paso e para tomar forzas, O Trío Fusión amenizará a sesión de tarde e tamén a verbena. Tamén se estreará o campo de petanca situado na zona do Bañadoiro cun campionato.
O 23 é o día propio, o San Xurxo sairá en procesión polas rúas de Vilamartín acompañado polo grupo de gaitas Airiños de Caldelas, que tamén farán a alborada matutina animando aos veciños a participar nos actos do día. A misa está prevista para as 12:00 horas.
A orquestra Trebón
será a encargada de poñer a música en sesións de vermú, tarde e noite.
Ruta do Viño de
Correxais
Ademais do comezo
da Festa do San Xurxo, noutro pobo do municipio, en Correxais, hoxe terá lugar
a Ruta do Viño.
Será a décima edición desta festa onde os veciños abren as súas adegas para ofrecer unha grande variedade de pinchos acompañado polo viño da zona. O prezo 12 euros para adultos e 6 para nenos cixa idade esté entre os 6 e 10 anos.
Os Bertolini serán os encargados de por a música polas rúas do pobo. Cando pechen as adegas a festa trasladarase á praza do pobo