
A actividade, organizada polo Departamento de Educación Física e o equipo de novas tecnoloxías do instituto, comezou cun encontro que permitiu que o alumnado, actuando de xornalista, fixese unha entrevista a xogadora, onde se interesaron pola súa carreira deportiva, as relacións entre xogadoras e adestradores, as renuncias persoais que unha deportista de élite ten que facer, e as dificultades de mellorar nun deporte no ámbito rural.
Logo, durante máis dunha hora, o alumnado tivo a oportunidade de xogar cunha deportista que en semanas estará xogando cos mellores equipos de Europa. En palabras do alumnado e de Carolina, foi unha mañá divertida e enriquecedora para todos e todas. E, dende logo, para os estudantes foi unha experiencia que moitas veces non resulta doada de levar á practica.
O pasado mes de marzo, o IES Carlos Casares xa fora invitado pola presidenta do Arenal Emevé, Bibí Bouza, a asistir a un partido da Liga Iberdrola na cidade de Lugo, promovendo no alumnado a práctica do deporte e ocio activo.