lunes. 27.04.2026

O Viana pecha unha tempada de transición mirando xa ao salto co novo campo

Isaac Pérez, presidente do CD Viana, fai balance dunha tempada marcada polas lesións e mira ao futuro coa ilusión posta novo campo das Carrelas: «unhas instalacións que o club merece»
somoscomarca_isaacperez_presidenteviana

O CD Viana encara a recta final da tempada desde a décima posición, con 38 puntos e xa sen opcións de loitar polos postos de play-off. Unha campaña irregular na que o equipo estivo lastrado polas lesións, que o deixa na metade da tabla e o acento nun futuro marcado pola próxima renovación do campo das carrelas.

O seu presidente, Isaac Pérez, analiza o momento actual do club, recoñecendo que «o balance, como di a clasificación, nin é positivo nin negativo; estamos na metade da táboa», aínda que lembra que o obxectivo inicial era máis modesto: «despois do descenso e das baixas, a idea era manternos na categoría e seguir apostando pola base».

Un ano condicionado polas lesións e a irregularidade

A tempada do Viana estivo marcada por unha falta de regularidade que, segundo o presidente, ten unha explicación clara: os problemas físicos no cadro de xogadores, especialmente nunha posición clave.

«Resumo o problema deste ano: tivemos moita mala sorte coas lesións, sobre todo na portería», sinala. A ausencia prolongada do gardameta titular obrigou a recorrer ao porteiro xuvenil e, nalgúns casos, incluso a xogadores de campo: «chegamos a xogar sen porteiro sénior nin xuvenil, e iso nótase».

Unha situación que explica resultados como o contundente 6-0 encaixado a pasada fin de semana, aínda que esta que puxo o 6-0 foi o propio Viana ante o Arenteiro: «seguramente perderiamos igual, pero non dese xeito; competiríamos doutra maneira». De feito, insiste en que o equipo foi competitivo durante boa parte do curso: «perdemos moitos partidos nos últimos minutos, do 70 para arriba».

somoscomarca_viana_cdviana_isaacperez
El presidente tomando una foto para las redes sociales del club

Un proxecto de base… e con futuro

Malia as dificultades, o club mantén firme a súa filosofía: apostar por xogadores da zona e polo fútbol base. «Temos un equipo xuvenil que serve de canteira e a idea é que eses rapaces acaben no sénior», explica Pérez.

A esta base súmase talento como o do dianteiro ghanés Obed Nii Dodoo Saki, máximo goleador do equipo, que chegou avanzada a tempada e cuxa adaptación foi inmediata: «é un luxo contar con el; parece que leva anos con nós».

De cara ao próximo curso, o presidente amósase optimista: «polo que sabemos, a maioría do plantel vai continuar. Hai moitas ganas de estrear o novo campo».

somoscomarca_futbol_cdviana_Nii Saki_ (1)

O salto das Carrelas

Precisamente, a gran esperanza do Viana pasa pola renovación do campo das Carrelas, unha actuación clave para o crecemento do club. As obras, que comezarán en breve, dotarán ao equipo dun terreo de xogo con céspede artificial de última xeración.

«As condicións actuais son moi limitadas; este ano era un patatal e só podiamos xogar ben dous meses», admite Pérez. A falta de instalacións adecuadas obrigou mesmo a adestrar en espazos reducidos: «pasamos o 70 ou 80% da tempada nun campo moi pequeno, e así é difícil estar ben fisicamente».

Co novo proxecto, que inclúe tamén iluminación e equipamento completo, o cambio será radical: «vai permitir adestrar e competir en condicións óptimas todo o ano».

somoscomarca_cdviana_fotoredes cdviana

Mirando ao futuro con ilusión

Co final da tempada á vista, o Viana xa pensa no seguinte paso. A continuidade do bloque parece garantida: «polo que sabemos, a maioría dos xogadores van seguir; hai moitas ganas de estrear o novo campo».

Pérez define este curso como «unha tempada de transición», cunha mestura de sensacións: «queda un pouco de mal sabor por non pelexar polo play-off, pero tamén a tranquilidade de cumprir o obxectivo».

O verdadeiro logro, subliña, está no camiño iniciado fóra do céspede: «o noso obxectivo era deixar ao club unhas instalacións dignas, e imos conseguilo».

Un punto de partida para o que está por vir. Porque en Viana, máis alá da clasificación, o importante agora é o seguinte paso: medrar sobre unha base máis sólida e mirar ao futuro con ambición renovada.

 

O Viana pecha unha tempada de transición mirando xa ao salto co novo campo